SANTIAGO DE COMPOSTELA | Tras a Xunta de
portavoces, a viceportavoz do BNG,
Olalla Rodil avanzou as iniciativas do BNG para o vindeiro pleno entre as que destacou, “reducir
o IVE da luz do 21% ao 4%” e iniciar medidas para frear o “espolio eólico” co fin
de beneficiar ás grandes empresas do sector de eléctrico.
Rodil explicou que a proposición non de lei nacionalista
busca reclamar do goberno do estado “a redución do IVE na factura da luz”
porque pagamos tanto deste imposto na luz
como por un Jaguar ou un paquete
de tabaco. “A luz está gravada como un
elemento de luxo e paga igual unha persoa que gaña 5.000 euros ao
mes como a que cobra a RISGA ou outra que vive dunha prensión non contributiva,
agraria ou por desemprego”.
A luz
é un ben básico e esencial, non un luxo
A nacionalista considerou que “baixar o IVE ao 4%”
significa considerar a electricidade como un ben esencial e permite pagar a
factura a un gran número de familias traballadoras, pequenas e medianas
empresas, nun momento de crise económica pola pandemia.
Rodil lembrou que as novas tarifas horarias obrigarán a
moitas persoas a consumir a enerxía de noite pero resulta que de noite,
ironizou a deputada, hai que durmir e
descansar e non poñer “lavadoras, fornos ou prender a luz”. Mentres os
traballadores e traballadoras están pasando por un momento de afogo económico,
“as eléctricas non perden un só euro”, ao contrario, levan meses declarando “beneficios
estratosféricos”. Dende o BNG, dixo, parécenos “indecente” seguir facendo caixa
cun ben básico e esencial para vivir e
traballar. A enerxía é un dereito e “non un luxo”, reiterou.
A metade
dos fogares galegos "sóbralles mes e fáltalles salario"
Estamos nun contexto no que a metade dos fogares de
Galiza non chega a fin de mes con soltura, “ a metade deste país sóbralles mes
e fáltalles salario”.
Por outra parte, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
preguntará a Feixóo polas medidas do goberno galego contra o “espolio
enerxético”. A Xunta, indicou Rodil, está a entregar Galiza ao oligopolio
eléctrico en contra do medio e das persoas como acontece co “boom” de parques
eólicos sen control e sen orde e só para continuar “cebando os beneficios das
grandes empresas eléctricas como Naturgy, Greenalia, Iberdrola ou ENEL Galiza non é un pedazo de terra ao servizo desas empresas
e incluso implantando todos os parques previstos “non van reducir nin un só
euro a factura que pagamos os galegos e galegas pola luz”.
Para protexer o medio e a biodiversidade, dende o BNG queremos
impulsar unha moción para: no prazo máximo de tres meses se inicie a ampliación da Rede Natura 2000
para protexer o 20% do territorio, crear un Fondo de
Conservación da Natureza dirixido a financiar actuacións de preservación da
biodiversidade, xestión de áreas naturais protexidas; plans de dinamización
económica de áreas protexidas e de paisaxes agroforestais multifuncionais e aprobar
en 2022, a Estratexia Galega de Infraestrutura Verde que favoreza a
conectividade ecolóxica, porque a emerxencia climática tamén se combate
ordenando o territorio. Departamento de comunicación