El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón: "O reto é multiplicar os gobernos do BNG nos concellos"

18-06-2021 15:14:51
Ana Pontón (c), líder do BNG, en Lugo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O BNG celebrou en Lugo un cumio municipal para facer balance no ecuador do mandato e establecer as prioridades de futuro, cun reto moi claro que a portavoz nacional, Ana Pontón, se encargou de verbalizar: dar un gran salto adiante nos concellos como paso previo a liderar a alternativa de Goberno en Galiza.  

“Nos concellos o BNG demostra que ten unha alternativa de calidade para gobernar o País e ese é o gran reto que temos por diante: trasladar a Galiza os gobernos de calidade que aplicamos nas vilas e cidades”, indicou Pontón, “o reto é claro: reforzar e multiplicar os gobernos BNG nos concellos como preámbulo para poder  liderar o futuro de Galiza”.  

Para iso, afondou a líder nacionalista ante alcaldes, acaldesas e concelleirxs, “o primeiro paso é dar un gran salto adiante nos concellos dentro de dous anos, multiplicando a representación e os gobernos municipais, que son o mellor aval da nosa capacidade para transformar o País”, argumentou Pontón, tras destacar o momento de fortaleza no que está o BNG.  

“Estamos nunha excelente situación para non fixarnos límites, despois de que en apenas dous anos teñamos recuperado a representación no Congreso e nos teñamos convertidos na segunda forza política do País”, alegou. Pontón aproveitou o cumio para poñer en valor o traballo feito durante a pandemia por parte duns gobernos que souberon ler o momento e a súa extraordinaria complexidade, entendendo que a crise  impactaba de cheo en cuestións esenciais para a veciñanza como a saúde, o traballo e a economía.
 
“Desde o minuto cero se reorganizaron as prioridades de goberno e de xestión, cun obxectivo: arrimar o ombreiro e estar ao lado da xente para dar as mellores respostas ante unha pandemia devastadora, mesmo asumindo competencias que non lle correspondían”, subliñou, citando a modo de exemplo a limpeza extraordinaria dos centros educativos, as recollidas selectivas de lixo, a atención á poboación máis desfavorecida, rebaixas ou aprazamentos nas taxas e tributos municipais ou as axudas aos sectores máis afectados, como o comercio local ou a hostalería.

Unha comprensión do momento que da idea da capacidade de reacción duns gobernos municipais que son referentes de calidade, con políticas transformadoras que melloran a vidas das persoas, caracterizados pola boa xestión optimizando cada euro a favor da maioría social e con visión de futuro para aplicar políticas de vangarda, sintetizou a líder nacionalista.  

“Cando o medio ambiente estaba moi lonxe de formar parte da axenda política, o BNG tomaba as rendas do goberno de Allariz coa recuperación do río como bandeira, e fai décadas que é un modelo de desenvolvemento sustentable. Compre recordalo e presumir desa visión de futuro, agora que todo o mundo parece descubrir a importancia do verde”, indicou a modo de exemplo.


Velocidade 30, dez anos antes 

A mesma capacidade de anticipación que demostrou con asuntos como a axenda urbana, mobilidade sostible e do calmado do tráfico. “Estes días as cidades galegas estrean a velocidade 30 que en Pontevedra leva implantada desde 2011, salvando vidas e colocando o coche por detrás das persoas”, alegou.  

Cuestións como a compostaxe, para minimizar o impacto dos residuos orgánicos, ou a aposta por enerxías limpas no subministro público son xa sinais de identidade dos gobernos BNG, que mesmo é capaz de marcar a diferencia onde co-goberna sen liderar á Alcaldía, como é o caso de Lugo da man da equipa municipal que lidera Rubén Arroxo.  

A recuperación de espazos públicos de calidade ao servizo da xente, que a pandemia puxo sobre a mesa como cuestión prioritaria, fai moito que é parte da xestión municipal nacionalista, así como o compromiso cos sectores produtivos claves para o futuro do rural, para unha alimentación saudable, para preservar a biodiversidade evitando o despoboamento e o abandono das terras.  

En definitiva, concluíu Pontón, “unha visión de futuro que permite aos gobernos municipais do BNG levar anos aplicando propostas de vangarda a favor da igualdade, do medio ambiente, da mobilidade sustentable, da recuperación de espazos públicos e a favor da economía local e dos sectores produtivos”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias