El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | PESCA

O BNG respalda ás reclamacións da confraría de pesca de Baiona contra o Regulamento de Control de Pesca da UE

25-06-2021 14:02:27
Ana Miranda, con representantes da confraría de Baio

BAIONA | A portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, e a deputada nacionalista no Parlamento Galego, Carmela González, expresaron o total apoio do Bloque ás reclamacións expresadas por representantes da confraría de pesca de Baiona relacionadas co Regulamento de Control de Pesca da UE, así como á defensa da singularidade da frota de baixura galega, que debe permitir que quede excluído dese regulamento.

No encontro que as nacionalistas mantiveron con representantes da confraría de Baiona, -no que tamén participaron o portavoz municipal do BNG nesta localidade, Iago Pereira, e a concelleira Yasmina Moreira- a portavoz do Bloque en Bruxelas criticou que a poñente do informe de pesca da UE non consultara en ningún momento co sector sobre as obrigas da xeolocalización nas embarcacións de máis de catro metros, e a instalación de cámaras a bordo para controlar a obriga do desembarque das capturas.

“O BNG presentou, a través da nosa coalición na Eurocámara, diversas emendas reclamando a exclusión da frota artesanal, pero PP e PSOE votaron en contra, polo que é incomprensible que agora se boten as mans á cabeza”, denunciou Ana Miranda, quen xunto a Carmela González defendeu a necesidade de que Galiza exerza as súas competencias, idea na que coincidiron as representantes da confraría de Baiona. “Non entendemos o papel do goberno galego neste asunto que nos afecta tanto á pesca de baixura galega”, manifestaron ao respecto desde a confraría. 


Imposibilidade de traballar 

As nacionalistas sinalaron que a pesca de baixura e artesanal galegas é o sector pesqueiro máis vixiado e controlado de toda Europa, posto que a pesca artesanal está suxeita a cotas máximas de capturas, puntos de control e vixilancia dos bancos marisqueiros (xa que estes están delimitados por especie e son sometidos a controis científicos), Neste sentido, o BNG concorda coas confrarías galegas na idea de que “é totalmente innecesario aumentar os controis”. “Se metemos a tripulación nas embarcacións, os aparellos e todo o que nos esixen é imposible traballar”, denuncian desde a confraría.  

Miranda e González, por outro lado, explicaron as diversas iniciativas defendidas non só na Eurocámara, senón tamén no Parlamento Galego. Precisamente na Cámara galega, a instancias do Bloque aprobouse de forma unánime a proposición non de lei que insta á Xunta a demandar do Estado español e da UE que a actividade marisqueira sexa excluída do novo Regulamento de Control comunitario. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias