El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Ana Pontón: "Feixóo non sabe defender Galiza"

26-06-2021 17:12:16
Ana Pontón (c), líder do BNG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón anunciou a celebración da XVII Asemblea Nacional para o vindeiro 7 de novembro co reto de “multiplicar, en dous anos, os gobernos do BNG nos concellos e liderar a Presidencia da Xunta de Galiza”. Tras a reunión do Consello Nacional, Pontón afirmou que o BNG é “a alternativa real ao PP para liderar un futuro diferente desde a igualdade de oportunidades,  a solidariedade entre xeracións e  o orgullo do noso,  a confianza no potencial do País e  poñendo a riqueza de Galiza a disposición  das familias,  e empresas”.

Co reto de liderar a Xunta de Galiza, Pontón salientou  a solvencia e  coherencia do BNG porque “nin estamos no servilismo, nin estamos na confrontación inútil e o BNG non é correa de transmisión nin de Casado nin de Sánchez”.  Galiza merece moito máis que "o sucursalismo das forzas estatais, apuntou". 


Feijóo, devoto do centralismo madrileño

Na súa intervención animou a todos e todas as membros do Consello Nacional a “traballar con forza” para liderar a alternativa de goberno á presidencia da Xunta e a un Feixóo   que se comporta como un “kamikaze que vai en dirección contraria aos intereses de Galiza” como  as peaxes da AP9,  o boom eólico depredador a favor do lobby eléctrico mentres persiste no seu veto á tarifa eléctrica galega e a falta de  propostas económicas para sacar a Galiza da crise.

“Feixóo non sabe defender Galiza”, pero e que tampouco quere, porque é “un devoto practicante do centralismo madrileño” que tanto nos prexudica. Sempre,  que hai que optar entre estar do lado de Galiza ou estar do lado do centralismo, elixe xogar no equipo contrario. 

“Un madricentrismo”, explicou  que tamén asume cando se trata de defender dereitos e liberdades, como acabamos de ver coa “Lei de eutanasia, contra á que o PP presenta recurso”. Ao PP “non lle gusta o dereito a unha morte digna”, xa o dixo publicamente, pero o que agora ten que aclararnos é se vai poñer trabas a súa aplicación, se vai poñer trabas ao dereito dos galegos e das galegas a unha morte digna. Porque o “dereito a vivir dignamente tamén inclúe o dereito a un final digno”.  


Outra Galicia e outra forma de gobernar é posible 

Por outra parte, dixo, non resulta estraño ver ao PP en contra do avance dos dereitos e das liberdades, teñen un amplo historial de oposición: a lei do divorcio, a lei do aborto, a lei dos matrimonios entre persoas do mesmo sexo, a lei de igualdade e agora á lei da eutanasia. “Un  PP cada vez máis parecido a esa extrema dereita racista, machista, xenófoba e antigalega coa que se manifesta de ganchete en Colón”. 

Dende o BNG defendemos que  “outra Galiza é posible e outra maneira de Gobernar é posible”, como  demostramos nos concellos, con gobernos  de calidade e  de boa xestión, con políticas transformadoras que melloran a vida da xente e con visión de futuro. O reto, remarcou Pontón, é claro: “en dous anos reforzar e multiplicar os gobernos BNG nos concellos como preámbulo a liderar a Presidencia de Galiza para darlle un futuro mellor, e de  esperanza aos galegos e  galegas”. 


Reforzar a sanidade e o  dereito a unha vellez digna  

Ante a  Galicia post COVID  destacou  a coraxe,  xenerosidade e  exemplar comportamento da maioría dos galegos e das galegas e puxo  en valor o inmenso esforzo do  persoal sanitario. Tamén  trasladou o apoio a todas as persoas que participan na vacinación permitindo  unha desescalada segura e salientou o esforzo  das traballadoras das residencias, -que soportaron o peor da pandemia-, e de todos os e as profesionais que xogaron un papel imprescindible nos meses máis duros da crise. “Sempre estarán na nosa memoria os 2.434 galegos e galegas que perderon a vida e as súas familias". 

A pandemia constatou que urxe reforzar a sanidade pública e para iso é preciso  “reverter doce anos de recortes do PP”, empezando pola  Atención Primaria cun plan de choque de 200 millóns de euros para sacala da UCI. Ademais, reiterou a defenda do BNG dun  modelo de residencias que non faga negocio coa vellez, e  anunciou que o BNG presentará  unha “nova lei  no Parlamento” para garantir o dereito a unha vellez digna. 

No aspecto económico, a portavoz nacionalista destacou o impacto negativo da COVID sobre as PEMES e a actividade laboral, neste sentido, apostou por destinar os fondos Nex Generation ao tecido produtivo e  e cara  un novo modelo económico, “verde, sustentable e asentados na investigación”, reforzando a sanidade e servizos públicos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias