SANTIAGO DE COMPOSTELA | Inmersos
na pandemia do COVID, a portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a celebración
do 25N para denunciar que “hai outra pandemia que afecta ás mulleres, de todas a idades, de todas as condicións, de
todas as partes do planeta; unha pandemia que ten como como consecuencias a
discriminación, a humillación, o maltrato físico e psicolóxico, a violencia,
mesmo a asasinato, todo polo mero feito de ser mulleres. Esa pandemia chámase
violencia machista”.
A líder
nacionalista destacou que as mulleres sofre
violencia machista mesmo nas sociedades que
presumen de democráticas, “unha violencia constante, unha discriminación
constante, un recorte constante dos nosos dereitos e das nosas liberdades,
mesmo co agravante de que se nos chega a responsabilizar desa violencia”,
denunciou Pontón, quen esgrimiu datos para demostrar a magnitude do problema.
“Cada día, en
cada lugar do planeta, as mulleres sofren violencia machista, son discriminadas
no traballo, soportan acoso, cada día miles de mozas volven as súas casas simulando
que falan polo móbil se é de noite, cada miles de mulleres son xulgadas por
como visten, por como andan, por se van soas pola rúa”, denunciou Pontón.
A preguntas dos medios, a portavoz
nacionalista reiterou que o Bloque é unha forza nacionalista que entende Galicia
como nación, dentro dun Estado plurinacional, plurilingüe e pluricultural, ao
tempo que ironizou sobre a “obsesión” do presidente da Xunta por tentar definir
ao BNG. “É normal que un Feijóo que en doce anos
non logrou ningunha transferencia, que prefire que Madrid decida por nós porque
non confía no País, teña dificultades para entendelo”, alegou, destacando tamén
os valores republicanos do Bloque fronte ao bipartidismo e a extrema dereita
empeñada en defender unha monarquía corrupta.
En todo caso, o que debe explicar o
presidente da Xunta é o voto en contra do PP da intervención pública de ALCOA
para salvar mil postos de traballo na Mariña, en lugar de obsesionarse co BNG, “debe
unha explicación porque se converte en cómplice do peche dunha factoría e pon
en risco o futuro de toda unha comarca”. Departamento de comunicación