El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA | SOGAMA

O 90% da superficie do vertedoiro de Sogama en Areosa está xa selada e revexetada

30-12-2021 17:42:48
Vertedoiro de Sogama en Areosa.

CERCEDA | No marco do contrato de “Xestión integral do vertedoiro de Areosa”, unha das actuacións contempladas no mesmo eran as obras de selaxe definitiva das fases 2 e 3, que arrincaron o 21 de maio do ano en curso e concluíron o pasado 10 de novembro.

As accións máis destacadas foron a inspección de todas as  xeomembranas  PEAD ( Polietileno de Alta Densidade) do noiro norte mediante unha empresa externa de Control de Garantía de Calidade de  Xeosintéticos con acreditación  ENAC; a construción do muro de contención no noiro norte co fin de mellorar a estabilidade e accesibilidade; a subministración, instalación e ancoraxe dos compostos  xeosintéticos esixidos no proxecto (xeoláminas de  bentonita,  xeomembranas  PEAD de 2 mm  texturizadas,  xeotextiles,  xeocompostos  drenantes e  xeosteras con  xeomalla de reforzo), incluíndo tamén o estendido das correspondentes capas de solo e de terra vexetal; a  revexetación da superficie a selar mediante  hidrosembra de  herbáceas e arbustivas; a execución dos correspondentes viais de acceso, cunetas e conducións de augas pluviais; e a realización de todos os controis e inspeccións esixidas, tanto no proxecto como na normativa legal vixente, obténdose resultados satisfactorios e favorables. 

As actuacións referenciadas supuxeron un desembolso económico para Sogama de 5,3 millóns de euros. Culminado este proxecto, o 90% da superficie do vertedoiro de Areosa está xa selada e revexetada, contando cun único vaso de vertido en funcionamento a día de hoxe. 


Redución do vertido directo nun 98,68% 

Se ben no ano 2008, o depósito directo de residuos en vertedoiro ascendeu a 413.379 toneladas, representando o 46,4% do total de lixo recepcionado por Sogama nas súas instalacións, en 2020, o vertido directo baixou a 5.463 toneladas, é dicir, o 0,7% do total de refugallos recibidos. Desta forma reduciuse nun 98,68% o vertido directo.

Dado que o vertedoiro posiciónase no último chanzo da xerarquía de xestión de residuos promulgada pola Unión Europea debido ao seu negativo impacto sobre o medio ambiente e a saúde, o Parlamento Europeo fixou o 2035 como data límite para que os Estados membros cheguen ao vertido técnico cero, obxectivo que Sogama alcanzará con anos de antelación. Este obxectivo supón que a porcentaxe de vertido non poderá superar o 10%, derivando a este tratamento aquela fracción que, dadas as súas características, non poida ser reciclada nin valorizada enerxeticamente. 

A redución do vertido foi posible grazas á ampliación do Complexo Medioambiental de Cerceda, cuxa capacidade foi incrementada nun 81%, subindo de 550.000 t/ano a 1.000.000. Para isto construíuse unha nova planta para a recuperación dos materiais contidos no lixo en masa, que opera en liña coa industria 4.0, estando equipada coas tecnoloxías máis innovadoras. Con esta mellora, Sogama estaría en condicións de tratar de forma óptima todos os residuos urbanos producidos en Galicia. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias