SANTIAGO DE COMPOSTELA | "Non se pode negociar a cegas e por
partes". Con esta expresión
pode resumirse a resposta que o sindicato maioritario no
ensino público galego
lanza despois de coñecer a decisión de Educación de convocar
oposicións neste
ano 2022 para cubrir as prazas de reposición destes dous
últimos anos.
A CIG-Ensino mostrouse especialmente
crítica co Ministerio de Educación en toda a tramitación da
modificación da
norma que rexe o ingreso á docencia no ensino público ao
considerar que non se
tivo en conta as achegas do sindicato e
que claramente melloraban a proposta inicial que, pola
información que temos,
tampouco contenta ás CC.AA. que van ter que aplicar os efectos
dos cambios no
RD. “O mundo ao revés é que un Ministerio que só xestiona o
profesorado de
Ceuta e Melilla impoña unilateralmente un cambio tan
importante nun sector no
que as competencias están transferidas. Isto non fai máis
que reafirmar a nosa
convicción de que a
mellor norma estatal
é a que non existe”, declarou o secretario nacional. As
críticas estendéronse
a organizacións sindicais como CCOO, UGT e CSIF que cos seus
pactos e entregas
provocan que o profesorado galego e o conxunto de persoas
aspirantes a selo
sufran as consecuencias de se teren entregado ao goberno
español sen pensar nas
consecuencias.
Todas as prazas, a negociación
Tendo en conta a situación creada pola
actuación do Ministerio e tras as declaracións do conselleiro,
o sindicato
considera como unha condición sine qua non poñer enriba da
mesa todas as cifras
que darán lugar aos diferentes procesos selectivos.
Neste sentido, a CIG-Ensino ten moi
claro que a mellor opción para dar resposta tanto ao persoal
interino con
longas interinidades como aquel con escasa antigüidade, así
como a quen nunca
traballou, é que as ofertas de procesos selectivos sexan
diferenciadas e en
ambos casos con ofertas amplas con estas condicións:
1.- Prazas de reposición (xubilacións
etc): sistema
ordinario de oposición regulado no RD 276/2007. A CIG-Ensino
foi o único
sindicato que propuxo cambios neste sistema, ao considerar que
se debían
introducir melloras xa para estas convocatorias, mais o
Ministerio non atendeu
as nosas demandas. A oferta anunciada debe contar con estas
prazas.
2.- Prazas de estabilización (concurso de
méritos excepcional). Unha
vez que está pechada pola Lei 20/2021 toda opción de cambio
sobre o sistema de
concurso, que a CIG-Ensino non considera como mellor opción, o
obxectivo debe
ser garantir o maior número posíbel de prazas. Malia o
compromiso expresado
pola dirección xeral de centros e RR.HH. de que a cifra de
prazas non se vai
ver afectada polas oposicións ordinarias, o dato avanzado polo
conselleiro de
que sería entre 500 e 600 prazas, indica -segundo un estudo
realizado pola
CIG-Ensino da evolución das prazas provisionais desde 2015-
que a Consellaría
optaría por un criterio restritivo co que estamos en
desacordo: computar as
prazas ocupadas por persoal interino que se mantiveron como
temporais desde
antes de xaneiro de 2016.
Tendo en conta o sistema de
adxudicación de destinos
provisionais e o efectos dos concursos de traslados, esta
cifra é produto dunha
enorme arbitrariedade (unha praza temporal pode estar ocupada
un curso por unha
interina e o ano seguinte por un funcionario de carreira en
expectativa). De aí
que a CIG-Ensino defenda un criterio diferente que, polo
informe interno do
sindicato, duplicaría as prazas a ofertar por concurso.
3.- Prazas de estabilización (concurso
oposición extraordinario). Este
aparece regulado no borrador do RD e é o que, ao unirse coas
prazas de reposición,
provoca todo tipo de incertezas de carácter legal, algo que a
CIG-Ensino xa
trasladou ao Ministerio e que agora a Consellaría tamén asume.
Os datos dos que
dispón o sindicato indican que estas prazas serían moitas
menos que as do
concurso de méritos e para o sindicato deberían terse sumado a
ese outro
sistema excepcional do concurso, simplificando dúas vías de
acceso e sen
mesturar prazas de diferentes natureza (sempre pola
limitacións da Lei
20/2021).
O sindicato non dará o seu apoio a
ningunha proposta de reparto por especialidades na Mesa
Sectorial que
previamente non teña en conta unha negociación conxunta e global
das prazas dos
diferentes procesos (concurso, oposición).
A CIG-Ensino demandará un estudo
pormenorizado do persoal interino en activo por especialidades e
con información
dos anos de antigüidade ao tempo que solicitará que a oferta de
prazas para as
oposicións a convocar este mesmo mes teñan en conta o resto das
prazas a
concurso e a situación daquelas especialidades nas que unha
oferta
desequilibrada pode levar ao paro a docentes interinos de longa
temporalidade. Departamento de comunicación