El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | SERVIZOS FERROVIARIOS

O BNG denuncia falta de interese do Goberno para mellorar os servizos ferroviarios en Galicia

03-03-2022 17:14:37

MADRID | O deputado do BNG, Néstor Rego, presentou no seu día diferentes iniciativas instando o Goberno do Estado a realizar  modificacións dos horarios e servizos que conectan as distintas cidades e poboacións galegas,  que se viron afectados polas reducións de servizos aplicadas durante a pandemia da Covid-19 e de novo pola chegada do AVE Ourense-Madrid. As respostas do Goberno limítanse, no esencial, a xustificar prezos, horarios e frecuencias inadecuadas, sen vontade explícita de atender as demandas das persoas usuarias afectadas. Tan só anuncian a intención de de aumentar os servizos entre Compostela e Vigo “con dous novos trens (un por sentido) de luns a venres”.

Desde a redución dos servizos ferroviarios no ano 2020 pola pandemia, as liñas ferroviarias que transcorren por Galiza non pararon de sufrir mudanzas negativas para facilitar o uso do ferrocarril e para atender as necesidades dos usuarios. Á lenta recuperación dos horarios habituais de tren de liñas como Ourense-A Coruña ou Vigo-A Coruña súmase a irrupción do AVE Madrid-Ourense coa conseguinte modificación dos horarios, de novo, en función da demanda externa e dificultando os desprazamentos interiores dos traballadores, estudantes e demais usuarios habituais.

Esta realidade, xunto cunha política tarifaria absolutamente inadecuada -a liña AVANT Ourense-Santiago é das máis caras do Estado-, foi levada ao Congreso polo BNG a través de diferentes iniciativas. As respostas do Goberno céntranse en xustificar que os servizos, frecuencias e prezos son os adecuados para a demanda, esquecendo o descontento provocado en colectivos de persoas usuarias habituais que se teñen dirixido ao Ministerio e as resolucións unánimes do Parlamento da Galiza.

Como exemplo, o Ministerio entende que existen conexións adecuadas entre A Coruña ou Vigo e San Clodio-Quiroga, mais no mesmo escrito reflicten que a duranción deses traxectos son de 4 horas desde A Coruña e 3 horas e medias desde Vigo.  Este é un dos servizos que máis protestas está xerando, especialmente de estudantes universitarios que viron cambiada a única frecuencia que lles permitía voltar pola tarde ás súas casas desde Santiago de Compostela ou outras cidades para pasar a fin de semana.

En relación coas tarifas, o Ministerio limítase a informar dos bonos e “tarxetas multiviaxe” que poden ser utilizadas polas persoas usuarias e que as tarifas son aprobadas “pola Administración Xeral do Estado”, mais evita responder o argumento evidente de que os elevados prezos de algúns servizos (especialmente o Avant Ourense-Santiago) disuade do uso dun transporte público eficiente e sustentábel como o ferrocarril.

En opinión do deputado nacionalista, Néstor Rego, “É inaceptábel que o ministerio non demostre interese en mellorar servizos ferroviarios, as frecuencias e as tarifas na Galiza, para atender mellor a demanda existente e mesmo incrementala cunha oferta atraente e competitiva”. Pola contra, continúa profundando no progresivo desmantelamento dos servizos ferroviarios naGaliza, dificultando e mesmo eliminando as conexións entre as principais poboacións a través do tren, “un transporte que debería ser fomentado e promocionado como transporte colectivo, público eficiente e sustentábel”.

Rego sinala que a única mudanza que anuncia o Ministerio de Transportes é incrementar os servizos entre Compostela e Vigo “con dous novos trens (un por sentido) de luns a venres”, o que resultará positivo mais claramente insuficiente. O deputado nacionalista lembra tamén que na Galiza aínda non existen servizos de cercanías de RENFE. 

“É imprescindíbel acometer a modernización e mellora da rede e dos servizos ferroviarios, como instrumento fundamental de vertebración territorial, cohesión social, desenvolvemento sustentable e conciliación entre a vida laboral e familiar” sinala o deputado do BNG no Congreso. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias