SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz de Pesca do BNG,
Rosana Pérez criticou a “inacción do goberno galego” ante as graves
dificultades do sector pesqueiro polas consecuencias da suba de prezos e a
inflación e propuxo unha batería de iniciativas encamiñadas a manter o emprego
e a actividade. A deputada do BNG
cualificou de “insuficientes as medidas” do goberno do Estado e criticou
á Xunta por non ter reaccionado e “seguir sen reaccionar” ante unha situación
que pon na picota a un sector que contribúe de maneira esencial ao PIB e o
emprego de miles de persoas de maneira directa e indirecta.
Na súa intervención, a nacionalista insistiu nas dificultades económicas do sector
e considerou que as medidas do goberno galego limítanse a solicitar do goberno
español “medidas”, este, dixo, en
resumen a “inacción do goberno galego”. Si o goberno do Estado durante
un ano “mirou para outro lado”, a Xunta de Galiza empezou “a actuar o 13 de
marzo”. O PP foi “tan rápido”, ironizou,
que ignorou completamente a problemática do sector pesqueiro galego e
foi incapaz de axilizar as axudas concedidas. Hai que agardar por unha crise
para que Consellaría do Mar, “axilice as axudas”?
A deputada lamentou que o partido maioritario vetara o
conxunto de medidas entres as que destacou: demandar ao goberno español a
“rebaixa dos produtos do mar ao tipo superreducido do 4% de forma permanente
como recomenda a OMS, reducir a imposición sobre hidrocarburos até que se
estabilice a inflación non entorno do 2%, aprobar axudas temporais polo incremento dos custes de produción para
asegurar a viabilidade do sector, paralizar as reformas europeas e estatais dirixidas a eliminar as
bonificacións do combustible pesqueiro, axudas polos amarres da flota e
bonificar as taxas portuarias por servizos administrativos, profesionais e por
utilización privativa, mentres se manteña a excepcionalidade da actual
situación.
Ningunha das medidas defendidas pola deputada
nacionalista foi aceptada polo Partido popular, a pesar da grave situación do
sector pesqueiro que ao longo dos anos foi regulado con catro corpos de control
e inspección. Para a deputada, este sector, “é vítima dunha hiperregulación, na
maior parte das veces inxustificada”. Rosa Pérez asegurou que a Unión Europea e o goberno
central, amosan un “exceso de celo” que prexudicada gravemente a nosa
flota. Dende hai un ano, o sector
pesqueiro xa deu a voz de “alarma” do que estaba acontecendo e non só pola
guerra de Rusia contra Ucraína, aínda que esta situación bélica incrementou os
problemas de inflación e os custes dos materiais e explotacións. Sen embargo,
ningunha administración puxo en marcha medidas específicas para paliar as
consecuencias da crise sobre o sector pesqueiro, e hoxe, unha vez máis
comprobamos como “o Partido popular sigue instalado na mesma posición e vota en
contra do que vimos de propoñer dende o BNG.
A deputada insistiu na urxencia de implementar
medidas e criticou a falta do respecto
polo sector ao que o propio Ministro
español se negou a recibir. En Galiza, dixo, as “formas foron máis coidadas
pero o fondo foi moi semellante” e aínda no último pleno dende o BNG
interpelamos a conselleira do Mar ante a parálise da xestión das axudas xa concedidas, si están
concedidas, recalcou a nacionalista
“deben pagalas xa”. Departamento de comunicación