El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso urxe á Xunta a resolver a situación de "colapso sanitario" de Galicia

27-05-2022 12:14:49
Valentín González Formoso.

A CORUÑA | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, urxiu hoxe á Xunta a que resolva a situación de “colapso sanitario” de Galicia. O responsable socialista dixo en A Coruña que “estamos dispostos a sentarnos co presidente da Xunta para priorizar partidas orzamentarias” en afrontar a crise da sanidade pública galega.

Formoso esixiu “medidas urxentes e inmediatas” para “evitar o que está a pasar nos hospitais, cos servizos de urxencias colapsados”, e alertou de que “en pleno século XXI, no ano 2022, estamos a falar dunha situación máis propia dos anos 60”.

Sinalou que “se hai que facer un quilómetro menos de autovía que se faga” pero, engadiu, unha persoa maior “que está 48 horas nos corredores de Urxencias agardando a que se lle asigne unha habitación” simplemente é “unha situación que hai que resolver”.

Esixiulle á Xunta que “adopte medidas no ámbito hospitalario de forma urxente”, cun sistema “en tela de xuízo á vista de toda a sociedade galega”. Criticou as esperas de 8 meses por un diagnóstico especializado, as listas de espera para cirurxía, ou “non falemos da atención primaria, onde os pacientes teñen que agardar ata 14 días para un primeiro diagnóstico que deberan ter recibido en 48 horas”...


"O ciclo da auga é un dos temas que máis preocupa aos concellos

Doutra banda, O presidente da Deputación da Coruña participou hoxe na apertura da xornada de debate sobre o impacto da nova Lei do ciclo integral da auga nos concellos, organizada pola Cátedra de Dereito Local da Deputación -UDC e a Cátedra Emalcsa-UDC, e fixo un chamamento á “gobernanza multinivel e transparencia na xestión dos recursos, dos gravámenes e dos ingresos que se obteñan por parte da administración que xestiona o ciclo da auga”.

No salón de graos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña Formoso destacou que “o ciclo da auga é un dos temas que máis preocupan aos concellos galegos desde hai décadas” e lembrou que “a propia ONU dentro dos seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible di claramente que a auga limpa e o saneamento é un obxectivo imprescindible”.

“Nese senso creo que o país dos mil ríos necesita claramente ter claro cal vai a ser o seu modelo de xestión do ciclo da auga”, explicou, alertando de que “estamos asistindo a un plantexamento de proxecto de Lei que está dalgunha maneira discutido por parte dos axentes locais, tanto Deputacións como concellos”.

Na súa intervención Formoso salientou que a xestión do ciclo da auga debe rexirse a través da “gobernanza multinivel, que é máis que necesaria nun eido como da auga que non coñece ideoloxías, senón que coñece de realidades, de necesidades sobre todo de infraestruturas no ámbito do saneamento e do abastecemento”. “Esa gobernanza multinivel é imprescindible para que o desenvolvemento da Lei sexa práctico e asumido por parte dos destinatarios da mesma”, puntualizou.

“Un segundo punto imprescindible é a transparencia na xestión dos recursos que xera a propia auga, que están gravados con cánones e que, polo tanto, requiren unha transparencia na asignación dos fondos e infraestruturas”, sinalou González Formoso, poñendo como exemplo a xestión que se fai na Deputación da Coruña “que leva financiado co Plan Único nos últimos catro anos 364 obras que deciden os propios concellos en base ao principio autonomía local. Un investimento de case 50 millóns de euros que dá unha idea da magnitude que lle dan os concellos da provincia ao cumprimento normativo no ámbito do saneamento e o abastecemento da auga”.

A auga é un ben público cada vez máis escaso, tamén en Galicia, pese a estar nun ámbito de alta pluviosidade, o cambio climático acelerado está a provocar mudanzas na dispoñibilidade dun recurso que a ONU considera xa un dereito humano. A auga como recurso produtivo e como obxecto de consumo humano é estratéxica nun escenario climatolóxico adverso. Isto obriga a que os poderes públicos aborden a regulación do ciclo hídrico completo, nas súas fases de captación, tratamento, potabilización, distribución, saneamento e depuración.

Esta xornada, organizada pola Cátedra de Dereito Local da Deputación-UDC e a Cátedra Emalcsa-UDC, que dirixen os profesores Carlos Amoedo e Moisés Canle, respectivamente,  busca repasar os principais desafíos desta política, obxecto dunha nova lei galega, de mellora da xestión do ciclo integral da auga. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias