El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón pide un pleno extraordinario para abordar a situación de colapso da sanidade pública

O BNG impulsará unha modificación da Lei de sanidade para incluír que o 25% do orzamento do SERGAS se destine a Atención Primaria.

01-07-2022 17:40:18
Ana Pontón, portavoz nacional.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, considera que a situación da sanidade pública está a ser insostible, en particular en atención primaria, e empeora nos meses de verán, xusto cando en moitos concellos se produce un aumento da poboación. Neste contexto, e ante un Goberno do PP “cruzado de brazos”, Pontón avanza que o BNG solicita a celebración dun pleno “extraordinario e monográfico” sobre a situación da sanidade, coa comparecencia do presidente Alfonso Rueda.  

“Estamos ante un goberno do PP cruzado de brazos, que non está dando solucións ós grandes problemas que están condicionando a vida da xente, e aí está a asfixia da sanidade pública tras trece anos de recortes e privatizacións, e vemos cada día un novo exemplo de deterioro da sanidade pública”, denunciou.  

O peche por falta de persoal do centro de saúde de Raxó en Poio, a dimisión do xefe de medicina interna da área Sanitaria de Santiago e Barbanza en protesta pola falta de persoal para manter o servizo son exemplos recentes do deterioro do sistema público de saúde, deterioro que ven de antes da pandemia, citando como exemplos a dimisión de todos e todas as xefes de servizo dos centros de saúde de Vigo ou a rebelión social de Verín non se pecha.  

Neste contexto, e ante a inacción do Goberno do PP, o Bloque solicita ese pleno extraordinario para a próxima semana, “tanto para analizar a situación como para dar alternativas e solucións”, indicou a líder nacionalista, que precisamente tamén adiantou algunha das propostas do BNG, como a de modificar a Lei de Sanidade para “blindar” por lei que o 25% do orzamento do SERGAS se destine a atención primaria.  

E, de xeito inmediato, un plan de choque de 200 M€ para sacar atención primaria do colapso, porque é a peor parada do sistema, “cunha precariedade laboral que non deixa de medrar o que explica que, por exemplo, o 60% dos médicos e das médicas formadas no MIR de atención primaria non se quedaron nesta especialidade. Non faltan médicos o que sobre a precariedade laboral”, alegou.  

E pese ao colapso, o PP destina a atención primaria 2 M€ menos que en 2021 e 47 M€ menos que en 2009. O gasto na porta de entrada ao sistema público de saúde é do  12% fronte á media estatal do 14,2%, “e para estar no mesmo nivel de investimento, Galiza precisaría 262 M€ máis que os que hoxe destina o Goberno do PP”, sintetizou. “Asistimos cada día a protestas pola falta de medios na sanidade pública ao longo e ancho do País, unha situación de deterioro que se agrava nos meses de verán e que, a día de hoxe, fan saltar todas as alarmas”, indicou,
 
Estamos falando da saúde dos galegos e das galegas, de calidade de vida, e para defender o dereito á saúde das persoas o BNG non vai escatimar esforzos, nin presión política e social e non vai deixar de facer alternativas e propostas. Porque é cuestión de vontade política cambiar os recortes e as privatizacións do PP por un apoio á sanidade pública, con investimentos, mudando a precariedade laboral por condicións de traballos dignas para os e as profesionais da sanidade pública”, concluíu. Departamento de comunicación
 

 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias