El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Economí­a

GALICIA | CCOO

Os orzamentos da Xunta para 2023 deben apontoar a creación de emprego

02-08-2022 20:15:44

REDACCIÓN | O paro rexistrado descende en 1082 persoas en Galicia e medra a afiliación á Seguridade Social (tanto a fin de mes en 16145 persoas como en media mensual en 9670 afiliados e afiliadas máis). Datos positivos si os comparamos co que acontece no conxunto do Estado respecto do mes anterior (en Galicia o paro redúcese nun 0,77% mentres que no Estado medra un 0,11% e a afiliación aumenta en Galicia cando no Estado ou ben se reduce ou medra moito menos) pero negativos se a comparativa se fai no último ano pois tanto a redución do desemprego como o incremento do emprego en Galicia é a metade do que se rexistra en España.  

O descenso do desemprego é o mais baixo desde que existen estatísticas para un mes de xullo en Galicia o que evidencia que a creación de emprego se retarda tamén en Galicia. Por outra banda, a pesares do emprego creado, Galicia está moi lonxe do volume existente no mes de xullo de 2008 tanto se o medimos en media mensual (40000 empregos menos) como si o facemos cos datos de fin de mes (34000 empregos menos).  

É positivo o incremento do número de contratos rexistrados, un 7,94% que mesmo é superior ao rexistrado no Estado 6,41% malia que en ambos casos inferior ao de hai un ano. Medra a contratación indefinida nun 1,05% e a temporal o fai nun 12,00% debido ás contratacións da temporada estival. Os datos de contratos rexistrados publicados hoxe correspondentes ao mes de xullo, reflicten que a contratación indefinida multiplica por catro os valores de hai un ano. Actualmente o 35 % dos contratos rexistrados son indefinidos, cando doce meses atrás eran só o 7 %. 

Para a secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, os datos de hoxe non poden facernos esquecer "que en Galicia temos sectores produtivos, especialmente industriais, que arrastran problemas estruturais sen resolver" e "colectivos especialmente expostos aos incrementos de prezos derivados da guerra en Ucraína e da alza dos prezos enerxéticos". 

CCOO demanda ao novo Presidente da Xunta «que o teito de gasto aprobado onte se traduzo nuns orzamentos que palien as consecuencias da crise actual no noso tecido produtivo e nos galegos e galegas con mais dificultades» e non simples medidas cosméticas como aconteceu ata o de agora. 

Por último, a sindicalista lembra que os traballadores e traballadoras xa fixeron a seu achega durante a pandemia, "permanecendo en ERTE co 70 % do salario mentres as empresas se beneficiaban de bonificacións e axudas". Agora que xa se está a "dignificar" o emprego, "cómpre facer o mesmo cos salarios". Por esta razón, a secretaria de Emprego de CCOO insta as organizacións empresariais —que están a trasladar os incrementos de prezos aos seus produtos— a faceren tamén a súa achega, pois a clase traballadora perde poder adquisitivo día a día. 


Análise dos datos   

Os datos coñecidos hoxe indican que en xullo o paro rexistrado baixou en Galicia en 1082 persoas, unha porcentaxe do -0,77%, o descenso mais baixo da serie histórica de estatísticas de paro rexistrado. A afiliación á Seguridade Social, tomando o dato do último día do mes, rexistra un crecemento de +16145 afiliados e afiliadas; se consideramos os datos da afiliación media mensual, esta medra en +9670 persoas respecto ao mesmo período do mes anterior. 

O desemprego redúcese tanto entre as mulleres (102 desempregadas menos) como nos homes (980 desempregados menos). A pesares da redución do desemprego feminino, seis de cada dez persoas paradas son mulleres manténdose a fenda de xénero no emprego. O desemprego diminúe no colectivo de menores de 25 anos (con 579 mozos e mozas desempregadas menos) e tamén entre as persoas maiores desa idade (503 paradas menores menos).  

En Galicia había 139850 persoas desempregadas ao remate do mes de xullo, un 7,95 % menos ca no mesmo mes do ano anterior (porcentaxe inferior á rexistrada no conxunto do Estado onde o desemprego cae nun 15,59% en termos anuais).  

No mes de xullo fixéronse 86723 contratos en Galicia. A contratación indefinida medra nun 1,05% no último mes e a maior parte dos contratos seguen a ser temporais (56614 temporais por 30109 indefinidos). Os datos publicados hoxe evidencian que nun ano a temporalidade na contratación rexistrada reduciuse en 28 puntos pasando de supoñer o 93% do total en xullo de 2021 ao 65% en xuño de 2022.   


Análise por sexos e sectores   

En Galicia están no desemprego 57621 homes (980 menos que en xuño) e 82229 mulleres (102 menos que no mes anterior). Seis de cada dez persoas paradas son mulleres. Atendendo ás idades, hai 5071 persoas menores de 25 anos inscritas no Servizo Público de Emprego (579 menos que en marzo) e 134779 menores desa idade (503 menos).  

O paro diminúe en todos os sectores de actividade agás no sector servizos. No sector primario hai 205 persoas desempregadas menos, 395 na industria e 272 na construción mentres que nos servizos o desemprego medra en 280 persoas. No colectivo sen emprego anterior, hai 490 persoas paradas menos.   


Análise de contratación  

En xullo rexistráronse en Galicia 86723 contratos, dos que 56614 foron temporais e 30109 indefinidos. Os contratos temporais supoñen o 65% do total de contratos rexistrados. A contratación indefinida medra un 12,05% mentres que a temporal medra nun 12,00%. O volume de contratos rexistrados en xullo foi superior nun 7,94% aos formalizados no mes de xuño.   


Afiliación á Seguridade Social  

Canto á Seguridade Social, cos datos do último día de mes, a afiliación sube en 16145 persoas, ata situarse en 1057238  afiliados e afiliadas, rexistrando un crecemento do 1,55 % respecto de do mes anterior mentres que no Estado a afiliación medra nun 0,89%.  

A afiliación media mensual medra en 9670 persoas, situando o número de persoas traballadoras afiliadas en 1058193. Deste total, 829934 corresponden ao réxime xeral, 208112 ao de persoas autónomas e 20147 ao réxime especial do mar. A afiliación media en Galicia crece nun 0,92 % mentres que no Estado diminúe nun 0,04%.   


Prestacións por desemprego  

En xuño cobraron algún tipo de prestación por desemprego 78865 persoas: 34514 prestacións contributivas e 44351 subsidios.En relación aos ERTE do mes de xullo, sinalar que este mecanismo daba cobertura a 1511 persoas a final do mes, das cales 1410 estaban en ERTE etop, 39 en ERTE forza maior e 62 no mecanismo rede sectorial axencias de viaxe. Do total de persoas afectadas, 989 son homes e 522 mulleres. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias