El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

SOGAMA

CETAQUA, USC e FEUGA visitan as instalacións de Sogama

08-09-2022 15:09:33
CETAQUA, USC e FEUGA visitan Sogama.

CERCEDA | No marco do proxecto europeo ECOVAL, cofinanciado polo Programa Interreg Sudoe a través do FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), e no que participan, en calidade de socios, CETAQUA, a USC e FEUGA, representantes destas tres entidades visitaron onte as instalacións de Sogama a fin de coñecer de primeira man a actividade industrial desenvolvida nas mesmas, prestando especial atención ao tratamento específico da materia orgánica.  


Itinerario  

O itinerario realizado polo grupo arrincou á primeira hora na planta de transferencia de Santiago de Compostela, onde se transvasan os residuos urbanos xerados pola cidade e municipios limítrofes, e que están baixo a competencia de Sogama (bolsa amarela -envases de plástico, latas e briks- e bolsa negra -refugallos non reciclables-). Desde esta planta, ambas fraccións son transportadas ata o Complexo Medioambiental de Cerceda, onde reciben a oportuna xestión conforme ás súas características.  

Os materiais da bolsa amarela clasifícanse de forma mecánica por tipoloxías para remitilos posteriormente aos centros recicladores, onde se converten en novos produtos.  Da bolsa negra, a compañía logra separar, a través de tecnoloxías 4.0, a parte reciclable (diferentes plásticos, briks, vidro, aceiro, aluminio, etc), que envía á industria transformadora, elaborando, a partir da non reciclable, un combustible CDR que alimenta unha planta termoeléctrica para producir enerxía eléctrica. De feito, xera o equivalente ao consumo enerxético do 12% dos fogares galegos.  

A visita estendeuse igualmente á planta de compostaxe de Sogama en Cerceda, dimensionada para dar servizo aos municipios máis próximos, e cuxa tarefa é transformar en compost a materia orgánica recollida de forma diferenciada a través dos contedores marróns.  

O grupo tamén tivo un encontro co presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez Lino, quen explicou os pormenores do labor industrial e social desta compañía pública, así como os investimentos, cifrados en 40 millóns de euros, que ten en marcha para executar unha rede de infraestruturas deseñada pola Xunta e conformada por 17 instalacións (4 de biorresiduos e 13 de transferencia) para a valorización da materia orgánica mediante a súa conversión en compost, un abono natural de alta calidade.   


ECOVAL   

O obxectivo de ECOVAL é precisamente a obtención de bio-produtos de alto valor engadido a partir de lodos de depuradora e biorresiduos urbanos, promovendo para isto o modelo de biofactoría, replicable en toda a Unión Europea. Departamento de Comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias