El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA | SOGAMA

Sogama acolle unha xornada técnica centrada na operación e mantemento de plantas de valoración enerxértica

06-10-2022 16:20:51
Sogama acolle unha xornada

CERCEDA | Sogama acolleu, na súa sede de Cerceda (A Coruña) e durante dous días (5 e 6 de outubro), unha xornada técnica centrada no mantemento e operación de plantas de valorización enerxética. Na mesma déronse cita membros dos departamentos técnicos de distintas plantas adscritas a AEVERSU (Asociación Española de Empresas de Valorización Enerxética de Residuos Urbanos). É o caso de Trargisa  (Xirona), UTE TEM (Mataró) e Sirusa (Tarragona); Tirme (Mallorca); Zabalgarbi (Bilbao); Remesa (Melilla); TirCantabria (Cantabria); e CTRASA (Andorra).  

Aínda que con diferenzas tecnolóxicas, o labor común destas instalacións é a recuperación enerxética da parte non reciclable contida nos residuos, conforme á xerarquía de xestión estipulada pola Unión Europea e que sitúa a valorización enerxética despois da reciclaxe, pero antes do vertedoiro, representando este último a peor opción debido ao seu negativo impacto sobre a contorna e a saúde.  

Non en van, os vertedoiros emiten 19 veces máis CO2 que as plantas de valorización enerxética, coa particularidade de que nestes entérrase e desaproveitase a enerxía contida nos refugallos non reciclables, cando podería poñerse en valor mediante a súa transformación en electricidade e calor, produtos de interese estratéxico e moito máis no actual escenario de crise enerxética. De feito, a enerxía producida en Sogama equivale ao consumo do 12% dos fogares galegos. 

Actualmente, e segundo datos de Aeversu, o conxunto de plantas WtE adscritas a esta asociación (12 en total) tratan, de media, unhas 2.300.000 t/ano de residuos non reciclables e producen ao redor de 1.600.000 MWh de enerxía.  

Pola súa banda, FEAD (Federación Europea de Xestión de Residuos) asegura que, a día de hoxe, as plantas europeas WtE poden subministrar electricidade a 18 millóns de habitantes e calor a 15,2 millóns.


Temáticas abordadas  

Nas sesións de traballo desenvolvidas en Sogama profundouse, entre outras cuestións, na dixitalización do sector, as melloras na eficiencia enerxética das plantas de valorización enerxética e na optimización da xestión de augas. Así mesmo, os participantes intercambiaron experiencias sobre a xestión que seguiron nas súas instalacións ante a escaseza de materiais e o incremento do prezo dos mesmos, especialmente no caso daqueles cualificados como “críticos”.  

O presidente de Sogama, Javier Domínguez, mantivo un breve encontro cos técnicos de diferentes puntos da península, aos que animou a enriquecer o importante labor que levan a cabo, pois “o seu esforzo e traballo contribuirán á excelencia dunhas instalacións punteiras que logran converter, con todas as garantías ambientais e de protección da saúde, os residuos que xa non se poden reciclar en novos recursos de alto valor que, ademais, son prioritarios nas sociedades modernas”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias