LUGO | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asistiu hoxe en Lugo á entrega dos premios anuais da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE), que congregou a unha ampla representación de representantes políticos, sociais, culturais e veciñais de toda a comunidade autónoma. Os premios recoñecen a traxectoria de persoas e entidades implicadas co movemento veciñal.
Formoso entregou os galardóns correspondentes á federación veciñal da provincia da Coruña, que este ano recoñeceron á alcaldesa da Coruña, Inés Rey García, e á Fundación Meniños. O presidente felicitou ás gañadoras e destacou a importancia de que os gobernos locais manteñan canles de comunicación directas e fuídas coas entidades veciñais, escoitando e atendendo as súas demandas. Departamento de comunicación