El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

SOGAMA

O grupo de Medio Ambiente de Aeversu reúnese en Sogama

17-11-2022 12:18:51
Sogama recibe a Aeversu.

CERCEDA | O grupo de Medio Ambiente de Aeversu (Asociación Española de Empresas de Valorización Enerxética de Residuos Urbanos) no que están representados membros dos departamentos técnicos das distintas plantas adscritas a esta organización, reuniuse esta semana nas dependencias de Sogama, en Cerceda, para poñer en común as melloras introducidas por cada instalación a nivel ambiental co fin de reducir, aínda máis, os seus niveis de emisión, situados xa moi por debaixo dos límites legais.  

Pedro Alcázar Arévalo, xefe de Control Técnico e Económico, Calidade e Medio Ambiente de Sogama, foi o encargado de organizar e coordinar este encontro, que tivo unha duración de dous días, dedicando unha das xornadas a visitar as distintas instalacións que conforman o Complexo Medioambiental de Cerceda, polas que discorre a xestión de dúas das fraccións de residuos que se atopan baixo a competencia de Sogama, isto é, bolsa amarela (envases de plástico, latas e briks depositados no contedor amarelo), que a empresa separa mecanicamente por tipos de material nunha planta de clasificación para ser remitidos aos centros recicladores; e bolsa negra (fracción resto introducida no contedor convencional), da que segrega a parte reciclable, derivándoa á industria transformadora para a súa conversión en novas materias primas, sometendo a non reciclable a valorización enerxética.  

Actualmente, e segundo datos de Aeversu, as 12 plantas WtE adscritas a esta asociación tratan, de media, 2.300.000 t/ano de residuos non reciclables e producen ao redor de 1.600.000 MWh de enerxía. Pola súa banda, a Sociedade Galega do Medio Ambiente xera a electricidade equivalente ao consumo enerxético do 12% dos fogares galegos. Así mesmo, a Asociación asegura que, se os residuos que se enterran en vertedoiro en España (11,8 millóns de toneladas- 53,4% dos RU xerados-, sendo responsables do 4% das emisións GEI -Gases de Efecto Invernadoiro-), se valorizasen enerxeticamente, cubriríanse as necesidades enerxéticas de 2,25 millóns de fogares, é dicir, o consumo de 5,5 millóns de persoas.  


Mellora continua e firma compromiso ambiental  

Do mesmo xeito que fixera co grupo de Operación e Mantemento de Aeversu, que se reuniu en Sogama a principios do pasado mes de outubro, o presidente desta empresa pública, Javier Domínguez, acompañado nesta ocasión pola nova directora xeral, Mirta Sueiro, tivo un breve encontro cos integrantes do grupo de Medio Ambiente para animalos a seguir indagando nas mellores tecnoloxías e nos mellores procedementos para que as plantas de valorización enerxética, que nestes momentos son as infraestruturas máis vixiadas medioambientalmente e sobre as que pesa unha rigorosa lexislación, (moito máis estrita que a que rexe para outras industrias), sigan mantendo os seus estándares de excelencia e continúen avanzando na procura de novas ferramentas de control ambiental.  

Forman parte de Aeversu, ademais de Sogama, as seguintes plantas de valorización enerxética: Tersa (Sant Adriá de Besós, en Barcelona), Trargisa (Xirona), UTE TEM (Mataró), Sirusa (Tarragona); Tirme (Mallorca); Zabalgarbi (Bilbao); Remesa (Melilla); TirCantabria (Cantabria); Ekondakin Enerxía e Medio Ambiente (Gipuzkoa) e CTRASA (Andorra). Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias