El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Castro Moure gaña o Premio Torrente Ballester coa novela "Pronto hei de volver"

18-11-2022 16:39:37
O xurado, no Pazo de Mariñán.

A CORUÑA | A novela “Pronto hei de volver” vén de alzarse como gañadora da XXXIV edición do Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña. A obra impúxose  entre os 55 exemplares recibidos na modalidade de lingua galega, e, unha vez aberta a plica, o autor resultou ser Amador Castro Moure. 

O xurado, que se reuniu esta mañá no Pazo de Mariñán, estivo composto por por Berta Dávila, Diego Giráldez, Montse Fajardo, Xina Vega e o gañador deste premio na edición 2021, Raúl M. Santos, e presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto. Como secretaria actou a xefa de Sección de Cultura, Manuela Muñiz, e tamén estivo presente a comisaria dos premios literarios da Deputación, Susana Pedreira, sen voz e sen voto. 

“Pronto hei de volver” é, segundo salientou o xurado no seu informe “unha novela moi interesante desde o punto de vista discursivo” e que “aborda o tema da emigración desde un punto de visa novidoso”. Convén indicar que o autor, Amador Castro Moure, é un escritor galego nacido en Chantada pero afincado en Barcelona desde a nenez. 

O xurado tamén anotou sobre esta obra que “destaca a elección da protagonista como unha identidade subalterna”, mentres que sobre o estilo salientou “a súa prosa precisa, luminosa no uso da imaxe e hábil no uso do rexistro oral" Tamén no Pazo de Mariñán se reuniu esta mañá o xurado do Premio Torrente Ballester en lingua castelá conformado por Marcos Giralt Torrente, Bibiana Candia, Gabriela Consuegra, Javier Peña e pola escritora gañadora deste premio na edición 2021 María Cureses. 

Tamén estivo presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto, e actou como secretaria a xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes, Mercedes Fernández-Albalat Ruiz. Nesta edición, e tras unha profunda deliberación, a modalidade do premio Torrente Ballester en lingua castelá quedou deserta.


Amador Castro Moure

Amador Castro Moure (Chantada, 1962) vive en Barcelona desde a nenez. É licenciado en Socioloxía  e dedícase profesionalmente á informática. Como autor ten publicado as novelas “Shanghai en Barcelona” coa que gañou o premio Xerais en 2019, “Pillabán, pillabán” (2018), e “Memorias de antes do encoro” (2013). 

Tamén ten participado dúas obras colectivas: “Escolma da poesía galega 1976 – 1984” de Xosé Lois García; e “Ecos dos poetas de Chantada. Miscelánea do século XII ao XXI”, de Xosé Lois García. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias