El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

VILARMAIOR | COMUNIDADE ENERXÉTICA

A Asociación Veciñal "A Armonía de Vilarmaior" crea a primeira Comunidade Enerxética

12-01-2023 20:08:19
Foto de arquivo de enerxía solar.

REDACCIÓN | Neste xaneiro a Asociación Veciñal  'A  Armonía de Vilarmaior' bota a andar a primeira Comunidade Enerxética Parroquial, o primeiro proxecto na provincia da Coruña promovido por unha Asociación Veciñal. 


Que é unha comunidade enerxética?  

Unha comunidade enerxética (CE) eu un grupo de persoas, empresas e institucións, que se xuntan para crear unha sociedade que poida xerar, distribuír e compartir enerxía renovable a prezos xustos. As comunidades enerxéticas son entidades de participación aberta e voluntaria, rexidas por principios democráticos, é dicir; unha persoa, un voto. 

A Asociación veciñal A Armonía de Vilarmaior, como impulsor desta iniciativa, está difundindo esta idea para analizar se é preciso montar unha entidade, que pilote os proxectos de xeración de enerxía renovable, ou opte por instalar un autoconsumo compartido, sen crear unha comunidade enerxética.  


Que obxectivos ten unha Comunidade Enerxética?  

O primeiro e principal é xerar e compartir enerxía a prezos xustos. Esta enerxía será de orixe renovable, principalmente enerxía solar fotovoltaica, polo que tamén partillaremos dos beneficios de desfrutar de enerxía renovable de proximidade.  


Como funciona?  

O primeiro de todo, e saber canta xente do Asociación Veciñal de A Armonía está interesada, para isto lanzaremos unha campaña de afiliación á nova entidade, ou a o proxecto de autoconsumo que se realice. Namentres nos imos organizando debemos de crear a asociación que dará forma á comunidade enerxética, e facendo todo o papeleo.  

Unha vez que saibamos cantos somos, deseñaremos o primeiro, ou primeiros proxectos de xeración de enerxía solar fotovoltaica. Estes proxectos van ter un custe, que debemos abordar entre todas as persoas e empresas participantes, pero tamén pediremos axudas e subvencións.  

Unha vez teñamos os proxectos en marcha, a enerxía que se xere neles, vainos axudar a reducir o custe da factura. Non fai falla montar novos postes con cables, abonda con que a nosa empresa comercializadora nos faga o desconto na factura.  


Canto podemos aforrar?  

Como termo medio, cada fogar pode abaratar a súa factura ata un 30%. A Casa da Enerxía ( As Pontes) e unha entidade público privada que depende da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña, onde o seu obxetivo e dedicarse en corpo i alma a promulgar o consumo racional  i o aforro de electricidade así como incentivar o uso de renovables , como son  a enerxia solar i a eólica.  

Nunha primeira reunión informal polo mes de Abril , nos propóñen iniciar o estudo para crear unha Comunidade Enérxetica na Parroquia de Vilarmaior i analizar a súa viabilidade Foi xa no mes de Octubre comenzamos ese camino que nos leva a día de hoxe, no mes de Xaneiro do 2023. 


Estamos nese periodo inicial da primeira fase de analise da viabilidade para a creación da primeira Comunidade Enerxética da Provincia da Coruña promovida por unha Asociación de Veciños, A Armonía do Concello de VIlarmaior (15637)- A Coruña,con moi boas sensacións de poder levar a súa construcción final  

Estamos a falar dunha obra importante para o desenrolo  da vida dos nosos 200 socios da nosa asociación veciñal, onde una primeira valoración do mesmo ten varias características: 

.-  A impulsora i dinamizadora de este proxecto e a AA.VV. A Armonía. 

.-  Un planteamento pola nosa parte de que se lle tiña que dar posibilidade a todos e cada un dos socios de poder participar na mesma de carácter voluntario. 

.- Unha ubicación no entorno das propiedades da AA.VV co fin de abaratar costes de execución do proxecto.  

.- Que sea rentable no tempo a inversión prevista para o socio..- Que puideramos conseguir un forte incentivo económico subvencionable para a súa instalación. 

.- Que o  proxecto sea de orixe renovable a enerxia producida..- Que teñamos o apoio do Concello pra a garantía de conseguir os permisos necesarios no menor tempo que nos sea posible legalmente. 

.- Que poidamos conseguir o equilibro socio- medioambiental na construcción de este parque de 400 Paneles Solares, donde se deberán de ubicar nun espacio de 1.000 mts. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias