El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación promociona en Fitur os proxectos "Os fogóns do Anllóns" e "Fragas do Eume"

16-01-2023 14:37:40

A CORUÑA | Os alcaldes dos cinco concellos que forman parte do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino de ‘Os Fogóns do Anllóns’ (José Manuel López da Laracha, Evencio Ferrero de Carballo, Juan Carlos García Pose de Coristanco, José Muíño de Cabana e Noelia Varela Suárez, tenente da alcalde de Ponteceso), o vicepresidente da Deptuación, Xosé Regueira, o cociñeiro Marcos Seoane do restaurante Río Sil e a cociñeira Rocío Martínez do restaurante Pementa Rosa (ambos de Carballo), a integrante da asociación Deportiva Downhill (BTT) da Laracha, María Rivera Haz, o presidente da asociación de veciños San Adrián de Verdes, José Rial, os empresarios José Manuel Iglesias e Lucía Calvo da marca de produtos gourmet La Huerta D’Lujo de Coristanco, o ornitólogo José Luis Rabuñal e a presidenta da asociación de mariscadoras de Cabana, Inés García Fernández, compoñen a ampla nómina de voces que protagonizan o audiovisual que abrirá a presentación do proxecto en Fitur. 

A cita, que terá lugar o mércores 18 ás 12.30 horas no stand de Turgalicia, será a primeira das dúas presentacións institucionais coas que a Deputación da Coruña participará Fitur, un dos principais escaparates mundiais do sector turístico en que se dan cita os máis importantes axentes do sector. Ademais de achegar unha representación social do territorio en formato vídeo, o acto incluirá as intervencións institucionais do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, da directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, do alcalde de Ponteceso e presidente da Comunidade Intermunicipal do Proxecto Anllóns, Xosé Lois García Carballido, e da cociñeira do restaurante Pementa Rosa de Carballo, Rocío Martínez. 

A segunda presentación institucional, terá lugar o xoves 19 ás 18h e o protagonista será o Plan de Sostibilidade Turística en Destino ‘As Fragas do Eume’. Tamén incluirá un vídeo promocional que recolle as potencialidades dos cinco concellos participantes no proxecto -As Pontes, Cabanas, Monfero, Pontedeume e A Capela-, facendo fincapé na súa dimensión sustentable como recurso turístico. No acto institucional intervirán o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, o tenente de alcalde de Cabanas, Iago Varela, a concelleira de Turismo de Pontedeume, Yolanda Vázquez, e a concelleira de Turismo de As Pontes, Elena López. 

Convén lembrar que todos os proxectos que o departamento provincial de Turismo impulsou nas diferentes convocatorias de Plans de Sustentabilidade do Ministerio foron aprobadas con éxito: Xeoparque Cabo Ortegal, Fragas do Eume, Fogóns do Anllóns e Vía Verde. Entre todos suman 6 millóns de euros de fondos europeos (1,5 millóns de euros cada un) e implican a un total de 22 concellos da provincia; sendo todo eles proxectos altamente comprometidos co territorio, coa conservación co medio natural e que tamén teñen o medio natural como motor de desenvolvemento. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias