CULLEREDO | O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, non dubidou hoxe en pedir o apoio para Izaskun García durante o acto de presentación da popular como candidata da súa formación nas eleccións municipais que se celebrarán o próximo mes de maio. “Os veciños non van atopar a unha mellora defensora dos intereses deste concello”, asegurou.
Acompañado polo secretario xeral dos populares na provincia, Evaristo Ben, e ante militantes e simpatizantes da súa formación que acudiron ao acto, Calvo definiu a García como “un torbellino de ganas e de ilusión”, como unha persoa “preparada e disposta” para solucionar os problemas de Culleredo e mellorar a vida dos seus veciños.
Para o líder dos populares, a candidata, que encabezará por segunda vez a lista do PP nuns comicios locais, “está afeita falar de política, a mobilizarse por causas sociais, a ser a delegada da clase… e tamén a saber as renuncias persoais e profesionais que esixe esa vocación de servizo público”.
Por todos estes motivos, Calvo defendeu que chegou o momento de que a candidata popular recolla os froitos de todo o traballo que leva facendo durante os últimos catro anos. “Cónstame que estivo en todos os sitios de onde a chamaron, que non se cansou de escoitar e reunirse cos veciños que tiñan un problema, coas asociacións que necesitaban a súa axuda ou cos clubs que pedían melloras”, apuntou.
Calvo aproveitou a súa intervención tamén para cargar contra o labor do rexedor, José Ramón Rioboo, do que asegurou que ten conseguido “algo que parecía imposible, facer bo ao señor Sacristán”. Neste sentido, o popular apuntou que Culleredo é un municipio cun enorme potencial a nivel residencial e industrial, pero que leva anos nos que “nin avanza nin crece. Ao contrario, vive de rendas doutras épocas e dos beneficios que lle dá a súa proximidade á Coruña”, afirmou Calvo.
“Os veciños de Culleredo merecen un cambio. Merecen ter máis e mellores oportunidades, mercen dar un xiro á forma de facer política e a única garantía para alcanzar ese obxectivo pasa por Izaskun porque o resto de partidos xa sabemos a quen apoiarán se fai falta”, explicou o popular.
Critica coa xestión municipal
A candidata seguiu a liña de Calvo no que fai referencia á “nefasta xestión” que o Goberno Local realizou durante os últimos anos. Despois a agradecer a confianza mostrada pola dirección do partido, García lembrou que o señor Rioboo é o responsable de que Culleredo continúe sen Plan Xeral de Ordenación Municipal, de abusar dos contratos menores, de que os veciños de Culleredo paguen máis caro a auga que noutros municipios ou do pouco mantemento que existe das instalacións e servizos municipais.
“O cambio que defendo é poñer cordura onde goberna a insensatez, poñer planificación onde goberna o caos, poñer palabra onde goberna o engano...poñer ao PP onde goberna Rioboo”, asegurou García, quen reclamou o apoio de todos para que Culleredo recupere a partir do 28 de maio o peso e a importancia que debe ter dentro da área metropolitana da Coruña. Departamento de comunicación