El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

A CORUÑA

A IV Semana do Cinema Galego regresa á cidade da Coruña

Do 14 ao 19 de marzo na Coruña.

03-02-2023 11:15:19

A CORUÑA | Do 14 ao 19 de marzo a IV Semana do Cinema Galego regresa á cidade da Coruña para festexar a gran celebración cinematográfica non competitiva do país. A cidade herculina recunca como a anfitrioa do mellor do talento audiovisual galego e consolídase como sede desta cita impulsada pola Academia Galega do Audiovisual (AGA), que conta co apoio do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña. 

Durante seis días o Teatro Colón vai volver estender a alfombra vermella para recibir unha coidada programación co máis salientable da produción audiovisual galega do último ano. Logo da boa acollida da última edición, con máis de 3.000 espectadoras e espectadores que encheron os pases dos dez filmes proxectados, a Semana do Cinema Galego repite fórmula e aposta de novo por poñer o foco no encontro entre público e artistas. 

O acceso as proxeccións do encontro será de balde, con reserva previa de entradas, que se activará nas datas próximas á súa celebración. Vai ser unha semana para celebrar a puxanza do audiovisual galego na compaña dos seus profesionais, coa Coruña como escenario e como catalizadora dos diálogos entre os equipos artísticos e os asistentes ás proxeccións do Teatro Colón. 

Precisamente, o rol da cidade queda patente tanto no cartel como no vídeo de presentación desta nova edición, onde os emblemáticos farois de inspiración modernista do paseo marítimo coruñés son os protagonistas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias