El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

SOGAMA

Javier Domínguez participará no II Encontro de empresas públicas de xestión de residuos da cornixa Cantábrica

10-02-2023 14:20:06
Javier Domínguez.

CERCEDA | O presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez, xunto con membros do seu equipo, participará o vindeiro mércores 15, no II Encontro de empresas públicas de xestión de residuos da cornixa cantábrica, que terá lugar en Asturias, concretamente en Xixón. 

A xornada arrincará cun saúdo institucional de Nieves Roñequí,  viceconselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, que tamén ostenta o cargo de vicepresidenta do Consorcio para a Xestión de Residuos Sólidos de Asturias (Cogersa), entidade esta última que actúa como anfitriona do evento. 

Acto seguido, entrarán en escena os representantes das empresas públicas presentes nesta cita, os cales explicarán o plan de acción executado o pasado ano, así como a folla de roteiro programada para os próximos meses no marco da nova Lei estatal de Residuos e os obxectivos definidos pola Unión Europea. 

Abrirá esta sección Javier Domínguez, que estará acompañado polo director xeral de Mare (Cantabria), José María Díaz González; o director xerente de Garbiker (Bizkaia), Jon Saenz de Viguera Erikaga; o director xeral de GHK (Gipuzkoa), César Gimeno Sandig; e a Xerente de Cogersa (Asturias), Paz Orviz Ibáñez.


Obradoiros de traballo

Como colofón da xornada, desenvolveranse distintos obradoiros de traballo centrados en temáticas tales como a estratexia e dirección xeral, a operación técnica, a xestión económico-financeira e de recursos humanos, e a comunicación e sostibilidade, dando a coñecer as conclusións dos mesmos no propio encontro. 

Pero, máis aló de achegar información sobre as actividades desenvolvidas por cada unha das empresas públicas participantes, Domínguez Lino considera este evento como unha “magnífica oportunidade para compartir experiencias e, sobre todo, para analizar o modus operandi a seguir no marco da nova Lei 7/2022 estatal de Residuos e Solos Contaminados para unha Economía Circular, así como a canalización e repercusión dos impostos contemplados na mesma á vertedura e á incineración, que suporán un notable impacto económico para as empresas de xestión de residuos, municipios e cidadáns”. 

Os avances ao redor da consecución dos obxectivos europeos de reciclaxe será outro dos puntos de gran interese para os participantes, toda vez que, en 2025, os países membros deben alcanzar o 55% de reciclaxe. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias