El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Formoso destaca "a aposta da Deputación pola dixitalización do rural"

13-02-2023 16:28:31
Valentín González Formoso (d).

A CORUÑA | O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o presidente de Next Educación, o xornalista Manuel Campo Vidal, deron a coñecer hoxe o curso de especialista en territorio rural intelixente, impulsado pola Deputación da Coruña co apoio de Next Educación.  

Esta formación, dirixida polo propio Campo Vidal, pretende axudar a  impulsar a dixitalización e a economía circular nos núcleos rurais a través da implementación nos negocios diferentes ferramentas tecnolóxicas e técnicas para acadar o seu desenvolvemento.  

O dirixente provincial na súa intervención apuntou que “desde as institucións, principalmente as de carácter local, impulsamos estes cursos para dotar de instrumentos ao mundo rural coruñés e conseguir a súa dinamización”.  

Formoso incidiu en que “salvar o rural precisa dunha especial sensibilidade por parte das administracións, que necesitan a súa capacidade e os seus coñecementos para acadar unha solución”.   ç

“Se somos capaces de orientar ben os recursos económicos, utilizamos de xeito correcto as ferramentas para dixitalizar o rural e incentivamos fiscalmente o establecemento de empresas nas zonas menos poboadas conseguiremos establecer unhas boas condicións para que moitas familias se poidan instalar e poidan traballar desde calquera punto da xeografía” afirmou o presidente.  

Formoso destacou que a “aposta da Deputación pola dixitalización do rural pasou hai tempo das palabras aos feitos” e citou dúas iniciativas como exemplo: a  oficina Acelera Pyme, que acaba de entrar en funcionamento en Ponteceso co obxectivo de impulsar a transformación dixital das empresas instaladas en zonas rurais, contrubuíndo así a asentar oportunidades de emprego e desenvolvemento que axuden a frear a despoboación, e o Centro Next Deputación de A Capela desde onde a Deputación xestiona os proxectos que buscan financiamento con fondos do programa europeo Next Generation, unha iniciativa única en España, xa que a atención para os 93 concellos coruñeses ofrécese desde un municipio de só 1.300 habitantes.   

Pola súa banda, Campo Vidal destacou que “só se salva un pobo se ten un proxecto, pero necesítase formación”, incidindo na importancia de dotar de coñecementos e a información necesaria a todos os que teñan interese de asentarse ou emprender no rural. O director de Next Educación aclarou que “en España pérdense moitas subvencións procedentes de Europa porque non se piden as axudas de xeito correcto. A veces están fóra de prazo, outras veces hai erros e incluso en ocasións as axudas pídense nas liñas de axuda incorrectas”.  

O curso, dirixido a persoal funcionario, laboral e responsables políticos, contou con máis de 160 solicitudes de inscrición, polo que se ten que desenvolver en dúas edicións. Cada ten unha duración de 20 horas, das que 16 son en formato online e outras 4 son webinars de 1 hora de duración cada unha.  

A primeira quenda estase a desenvolver desde o 17 de xaneiro ata o 28 de febreiro, mentres que a segunda realizarase desde o 1 de marzo ata o 4 de abril e conta xa con con 40 alumnos e alumnas inscritos. 

O obxectivo desta formación é a de impulsar a economía circular como motor de oportunidades dentro dos territorios rurais a través de ferramentas e técnicas tencolóxicas innovadoras. Pretende dotar das liñas esenciais aos emprendedores e emprendedoras para crear os seus negocios, transferir coñcecementos para o impulso de PEMES e microempreseas e, ademais, formar sobre as técnicas e habilidades de comunicación para o desenvolvemento rural intelixente. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias