El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón: "Galiza non pode soportar a metade da eólica mariña prevista para todo o Estado español sen un só beneficio"

01-03-2023 12:25:12
Ana Pontón.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, manifestou a súa desaprobación ao respecto do plan aprobado polo Consello de Ministros relativo á autorización de parques eólicos mariños en Galiza. Nese sentido, indicou que “o BNG considera un ataque ao medio ambiente e á economía galega que se pretenda instalar nas nosas costas a metade da eólica mariña prevista para todo o Estado español”. 

“Estamos vendo como o goberno do Estado traballa para defender os intereses das eléctricas e se coloca de costas á defensa do medio ambiente e tamén de costas a un sector vertebral para a economía galega como é o sector pesqueiro”, indicou. 

Fronte a isto, o BNG rexeita por completo as pretensións do goberno do Estado e pide que non se lle poña a etiqueta de “verde” ao espolio enerxético galego, nin tampouco a unhas eléctricas que soamente se preocupan por cal é a súa conta de resultados. 

Pontón declarou que o Bloque reclamará no próximo pleno do Parlamento galego que o conxunto dos representantes dos galegos e das galegas rexeiten esta proposta para apostar por un novo desenvolvemento das enerxías renovables. “Non pode ser que Galiza estea vivindo xa un bum eólico depredador en terra e que ese bum eólico pase tamén ao mar”, indicou. 



Galiza xa duplica a taxa de enerxía  

Nun momento no que Galiza xa duplica a taxa de enerxías renovables pretendida por Europa para o ano 2023, Pontón denunciou que “non estamos vendo como se aposta polas enerxías renovables, senón como se aproveita desta situación todo o lobby eléctrico para seguir sacando tallada a costa do medio ambiente do noso país” advertindo que “este plan vai destruír emprego nun sector tan vertebrador para o noso País como é o pesqueiro”.  

Galiza xa duplica a taxa de enerxía, polo tanto hai que facer unha transición enerxética e poñer outros puntos de enerxías renovables haberá outros puntos do territorio español onde facelo. Non pode ser que en Galiza se siga cargando cos costes ambientais e sociais da produción e electricidade sen un só beneficio. Este país non pode ser a colonia enerxética de Madrid.  

Pontón declarou que é necesaria unha transición ecolóxica, pero avaliando tamén o seu impacto socioeconómico e buscando outros puntos de enerxías renovables dentro do territorio español porque “non pode ser que Galiza siga cargando cos costes ambientais e sociais da produción de electricidade sen un só beneficio”. 

“O que se pretende é consolidar un papel de Galiza no estado que para o BNG non é lóxico nin xusto. Galiza non pode ser a colonia enerxética de Madrid”, concluíu. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias