El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

EUROCÁMARA

Ana Miranda defende na Eurocámara a agricultura ecolóxica libre de pesticidas

16-03-2023 16:43:49
Ana Miranda.

ESTRASBURGO | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, interveu hoxe no pleno da Eurocámara para defender a Iniciativa Cidadá Europea “Salvar as abellas e os agricultores: hacia unha agricultura respectuosa coas abellas para un ambiente saaudable”, en tanto que segundo salientou Miranda, o apoio aos agricultores na necesaria transición para a agroecoloxía plena é fundamental, “favorecendo especialmente pequenas empresas agrícolas, diversificadas e sustentables, a agricultura orgánica e a investigación en agricultura sen pesticidas e libre de Organismos Xeneticamente Modificados”.  

Na súa intervención -en nome da Comisión de Peticións da que é vicepresidenta-, Ana Miranda destacou que esta iniciativa acadou o respaldo de 1,2 millóns de persoas, ademais dun gran número de peticións sobre estas cuestións, “deixando claro que este é un tema prioritario para a cidadanía europea”, sinalou, ao tempo que considerou que o seu acompañamento adecuado é esencial nunha democracia participativa.  

Segundo explicou a eurodeputada nacionalista, os peticionarios europeos solicitaron un maior compromiso co benestar das abellas e demais polinizadores, vitais para a saúde ambiental e a seguridade alimentar, xunto a recuperación e a protección da biodiversidade.  

Miranda explicou a necesidade de protexer as abellas e outros polinizadores, xa que están a sufrir un declive acentuado tanto na UE como no resto do mundo: o 9% das especies de abellas están ameazadas; as poboacións de abellas están diminuíndo un 37%, e até o 40% das especies poden estar ameazadas.  

Este declive dos polinizadores débese a varios factores, entre os que figuran as alteracións no uso da terra, prácticas agrícolas intensivas, uso de pesticidas, contaminación, especies exóticas invasoras e o cambio climático. “Esta exitosa iniciativa europea ofrece a UE a oportunidade de poñer en práctica unha acción firme para reverter o declive dos polinizadores. Aproveito para saudar aos apicultores galegos e dicir claramente: salvar as abellas e os agricultores”, concluíu Ana Miranda. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias