El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación recoñece o talento e o esforzo dos mellores deportistas da provincia na primeira gala do Deporte

01-04-2023 00:05:05
Primeira gala do Deporte.

REDACCIÓN | O Teatro Colón acolleu onte a gala de entrega dos I Premios do Deporte da Deputación da Coruña, nos que a institución distingue publicamente ás persoas e entidades que destacan pola súa traxectoria deportiva, logros ou contribución ao fomento da práctica deportiva. Un total de 14 premios outorgáronse durante o evento que congregou a numersosas personalidades do mundo do deporte e a centos de representantes dos clubs deportivos da provincia. 

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, comezou a súa intervención cun emotivo recordo a Pablo Aguirregabiria, entrenador do OAR Coruña, que perdeu a vida esta semana nun fatal accidente de tráfico. Formoso felicitou aos premiados e agradeceulles o seu esforzo diario e dedicación “como un exemplo a seguir por todos e todas”.  

“Sodes hoxe os protagonistas destes galardóns que vos distinguen publicamente pola vosa traxectoria deportiva, pero tamén son un recoñecemento ao voso esforzo e aos valores que transmitides á sociedade”. Formoso apuntou a importancia destes premios para visibilizar, precisamente, o traballo destes grandes deportistas que “son tamén os mellores embaixadores da nosa provincia”. 

O presidente destacou o gran nivel dos e das deportistas coruñeses, que se sitúan á vangarda do deporte galego “o que supón un orgullo” e incidiu no compromiso da Deputación de “fomentar o deporte desde a base”. Un traballo que explicou polo miúdo a deputada de Deportes, Cristina Capelán, que subliñou que a acción deportiva da Deputación “chega a todos os concellos e á inmensa maioría dos clubs da provincia” para apoiar a súa labor. 

Capelán tivo unha mención especial para o deporte feminino e adaptado, que a Deputación potenciou especialmente nos últimos anos, e para as bolsas de apoio aos deportistas “que ao longo dos anos nos deron enormes satisfaccións, xa que permiten aos atletas e deportistas dar os seus primeiros pasos antes de conseguir grandes recoñecementos”, afirmou.   


Premiados 
  
Na gala premiouse a Carlos Arévalo como mellor deportista masculino. Arévalo é o único piragüista español de todos os tempos que gañou dous ouros nun mesmo campionato do Mundo; a Paula Otero, como mellor deportista feminina, que no ano 2022 acadou o ouro na distancia de 5.000 metros libres no Campionato de España de longa distancia nas categorías de absoluta moza e absoluta; a Purificación López, como mellor deportista veterana feminina, que estivo alonxada do deporte durante oito anos por una lesión e que retornou en 2018 para gañalo case todo no mundo do triatlón, acuatlón o duatlón; a Damián Suárez, como mellor deportista promesa masculino categoría base, que sumou ao seu palmarés os títulos de campión de España cadete de triatlón e acuatlón, mailo bronce no Campionato de España de duatlón cadete; a Paula Canedo, como mellor deportista promesa feminina categoría base, que acadou no 2022, na categoría Sub-17 e peso corporal de 81 quilos, nada menos que tres medallas no Campionato de Europa de levantamento de peso; a Jacobo Garrido, como mellor deportista con diversidade funcional masculino, que cunha deficiencia femoral conxénita, derrubou récords e barreiras na piscina logrando o pasado 2022 o cuarto posto no Campionato do Mundo de natación adaptada; a Almudena Quereda, como mellor deportista con diversidade funcional feminina, polos seus títulos de campioa de España na categoría S8 nos 200 estilos, así como nos 400, 100, 50 libres, ademais de ser subcampioa nos 200 libres; Moncho Fernández, como mellor adestrador, polos seus éxitos no banquiño do Monbús Obradoiro; a Paula Lema Parga, como mellor árbitra, como unha das dúas colexiadas de maior nivel de Galicia e integrante do primeiro trío arbitral integramente feminino en dirixir un encontro de categoría masculina; e a Isidoro Hornillos, premio a toda unha vida dedicada ao deporte, por toda unha vida dedicada ao atletismo, o adestrador é toda unha autoridade nacional e internacional.  


Mencións especiais  

Por outra banda, tamén houbo menciós especiais para Noa Romero Fernández, taewondista de Porto do Son na categoría de mellor deportista promesa feminina categoría base, convertida xa nunha referencia no mundo do Taekwondo; a Jacobo Copa Chas, na categoría de mellor deportista promesa masculino categoría base, como capitán da selección española de hockey sobre patíns; a Lucas Yáñez Pérez, na categoría de mellor deportista masculino, que acumulou título tras título no 2022 na categoría júnior; e a Miguel Alvariño, na categoría de mellor deportista masculino; polo campionato de Europa, e o subcampionato na final da Copa do Mundo. Alvariño é o número 1 do ránking mundial en tiro con arco. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias