SANTIAGO DE COMPOSTELA | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou hoxe que os “últimos movementos” que tiveron lugar no partido con diferentes nomeamentos supoñen un “claro reforzo” da posición dos socialistas galegos no goberno, fronte a un Partido Popular que se mostra “moi nervioso e desnortado” polo rumbo tomado por Núñez Feijóo “que lle presta máis atención a unha telepredicadora evanxelista que aos pensionistas galegos”.
Nunha rolda de prensa ofrecida en Santiago, Formoso salientou que, cos últimos cambios decididos por Pedro Sánchez, Galicia “gaña peso no goberno de España”, no que xa hai tres ministros e ministras galegas, levando as áreas “máis importantes para a sociedade española”, como son a Economía, o Emprego e a Sanidade, “que é unha das bandeiras das políticas socialistas”. O partido sae, engadeu o dirixente socialista, “absolutamente reforzado destes nomeamento”, ao tempo que se mostrou “moi satisfeito polo refrendo” do presidente Sánchez co nomeamento do “delegado do goberno en Galicia co que se fai xustiza”.
Fronte a este efecto que se vive no PSdeG contrapuxo o do PP galego, que se mostra “moi nervioso” e incluso “desnortado polos movementos dun Alberto Núñez Feijóo que deixa moito que desexar”, e que mesmo se atreve a poñer “en tela de xuízo a viabilidade das pensións” de España ante a Unión Europea, cando o novo acordo foi negociado coas institución comunitarias, así como coas principais centrais sindicais.
É por iso que Formoso amosou a súa “preocupación” ante o feito de que o líder dos populares “lle preste máis atención a unha telepredicadora evanlexista que a unha pensionista galega”. Si algo demostra con isto, engadiu Formoso, é unha “falta de liderado” que mesmo preocupa no seu partido. “É normal que os seus compañeiros estean nerviosos”, dixo de Feijóo, pois vaticinou que ese vai ser o marco no que se van a mover a dinámicas políticas ante as inminentes eleccións municipais e autonómicas do 28 de maio, nas que o PSdeG confía en ver materializadas todas as “expectativas e a ilusión” que ten de poder gobernar dende os concellos á maioría da sociedade galega.
Acordo "revolucionario"
Por outra banda, o líder dos socialistas galegos tamén salientou a importancia que ten o acordo sobre as pensións, que cualificou de “revolucionario”, pois beneficiará a 769.900 galegos e galegas que verán como a súa prestación se revaloriza de acordo co incremento dos custe da vida, e non só con variacións anuais do 0,25%, que era o sistema implantado polo PP de Rajoy e que defenden tanto Feijóo como Rueda.
Insistiu Formoso en que o acordo das pensión é un gran acordo para Galicia, que ten unha proporción elevada de pensionistas, “que queren certeza” de cara ao futuro e non pasar por dificultades debido á falta de actualización das súas prestacións. É un compromiso que supón aplicar “a solidariedade interxeracional” ás pensións e garantir tamén a “sostibilidade do sistema”, cun fondo de reserva de 120.000 millóns de euros que garante un importe mínimo para as pensións.
“Non entendemos como PP, e menos aínda como un partido de esquerda como o BNG” votaron en contra desde acordo sobre as pensión. Remarcou Formoso que esta iniciativa foi apoiada “por todos os partidos de esquerda, menos o BNG”, polo que considera que os nacionalistas galegos “deberán responder responder ante a historia” do rexeitamento a unha decisión de que beneficia a “769.900 compatriotas”.
A preguntas dos xornalistas, o secretario xeral do PSdeG insistiu en poñer en valor a “fortaleza” do equipo que está á fronte do partido, e volveu a dicir que as primarias para elixir ao candidato ou candidata socialista á presidencia da Xunta serán convocadas unha vez que se celebren as municipais, e “con tempo suficiente” de que se poida exercer a democracia interna e que calquera militante se poida presentar.
“Embarrar a política"
Tamén se referiu o número un dos socialistas galegos á denuncia xudicial interposta polo PP contra o goberno de Sánchez Bugallo en Santiago, e acusou aos populares e ao seu candidato local, Borja Verea, de intentar “embarrar a política xudicialmente”. Formoso equiparou esta denuncia do PP compostelán coa “peor etapa de barro” que se acaba de vivir na política de Lugo e Ourense, onde acabaron “imputando durante anos a persoas que non fixeron máis que representar dignamente aos seus veciños e veciñas”.
É por iso que acusou ao PP de que “queren gañar nos tribunais o que non son capaces de gañar na rúa”, e subliñou que o feito de que Borja Verea “non teña capacidade de liderado Borja Vera, non é culpa da cidade de Santiago”, e o feito de que “no teña capacidade de empatizar” coa cidadanía, tampouco é culpa da sociedade compostelá, “senón dun PP qu enon é capaz de escoller ben aos seus candidatos”. E iso, concluíu Formoso, é tamén “o motivo polo que Rueda está preocupado”. Departamento de comunicación