El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O programa PEL-PEMES da Deputación financia a contratación de 544 persoas en pequenas empresas da provincia

08-06-2023 11:14:19
Programa PEL.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña financia con 5,5 millóns de euros a contratación de 544 persoas en pequenas e medianas empresas da provincia da Coruña. A institución provincial vén de publicar no BOP a resolución da concesión definitiva das axudas da liña PEL-PEMES do Plan de Emprego Local coas que financiará 326 novas contratacións e subvencionará, por segundo ano consecutivo, a contratación indefinida de 218 persoas traballadoras en pemes e microempresas que teñan o seu domicilio fiscal nun concello de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña.  

“O obxectivo desta liña do PEL é apoiar a creación de emprego estable e de calidade, especialmente nos concellos máis pequenos e rurais da provincia, permitindo a 544 persoas ter unha oportunidade laboral e contribuíndo ao mesmo tempo  a fixar poboación”, afirmou o presidente en funcións da Deputación, Valentín González Formoso, que destacou tamén o incremento do orzamento inicial do programa para poder atender o elevado número de solicitudes que se rexistraron. 

De aí que, aínda que estas liñas xa viran incrementados os seus orzamentos iniciais respecto da anualidade anterior, foran suplementadas co fin de chegar ao maior número de empresas e traballadores/as posible. A liña de PEL-Pemes Creación e Ampliación, que nesta anualidade contaba xa cun crédito inicial de 2,9 millóns suplementouse ata preto de 3,5 millóns. Pola súa banda, a liña de PEL-Pemes Mantemento duplicou o seu ozamento, pasando de 1 millón a preto dos 2 millóns de euros. 


Un novo emprego

Un total de 326 autónomos, autónomas, microempresas e pemes de concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia levarán a cabo novas contratacións de persoal grazas a que as axudas do PEL-PEMES para creación e ampliación do cadro de persoal, que financian o 70% dos custos laborais (soldo e seguridade social) das novas contratacións durante un período máximo de 12 meses, impulsando así a actividade empresarial das zonas con menor poboación da provincia e apoiándoas na xeración de emprego e dinamización do seu tecido socioeconómico.  

O contrato deberá formalizarse por unha duración mínima de 6 meses e o importe a conceder está vinculado ao número de meses subvencionables dentro da anualidade 2023, cun máximo de 15.000 euros por 12 meses. En canto á distribución das axudas por concellos, os que teñen un maior número de solicitudes concedidas nesta anualidade son os seguintes: Mazaricos (23 novos empregos por importe total de 254.517,81 euros) Vimianzo (16 novos empregos por importe total de 200.052,85 euros), Curtis (13 novos empregos por importe total de 146.436,69 euros).   

Por comarcas destacan a de Santiago, con 98 solicitudes concedidas e un total de 1.009.860,27 euros (o que supón o 30,06 % das solicitudes concedidas), a de Bergantiños-Costa da Morte, con 79 solicitudes concedidas e un total de 878.100,81 euros (o que supón o 24,23 % das solicitudes concedidas), e a do Barbanza con 52 solicitudes concedidas e unha contía de subvencións de 598.470,72 euros (un 15,95 % das solicitudes concedidas).  

Atendendo á tipoloxía de empresa, a meirande parte dos beneficiarios son empresarios/as individuais ou autónomos/as xa que supoñen máis da metade das solicitudes concedidas, concretamente o 64,72% do total. 

Tamén resulta destacable que a meirande parte das empresas beneficiarias proveñen do sector terciario, concretamente o 37,44% pertencen ao sector do turismo, seguidas de empresas do sector comercio, que supoñen o 29,96 % do total. Máis do 98% de pemes e autónomos/as beneficiarios/as desta axuda son novos/as beneficiarios/as, é dicir, persoas e empresas que non resultaron beneficiarios/as desta axuda na anualidade anterior. 


Mantemento do emprego

Por outra banda, as axudas do PEL-Pemes Mantemento incentivan o emprego estable e de calidade, subvencionando durante 2023 a contratación das persoas empregadas ao abeiro da convocatoria PEL PEMES 2022 na modalidade de contrato indefinido ou que o transformaran a esta tipoloxía con anterioridade á data de publicación da convocatoria. 

Nesta liña suplementouse o crédito inicial de tal xeito que resultase suficiente para conceder axudas a todas aquelas empresas e persoas autónomas solicitantes que cumprisen os requisitos establecidos nas bases reguladoras, acadando preto dos 2 millóns de euros. 

Con estas axudas un total de 218 profesionais autónomos e autónomas, microempresas e pemes de concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia recibirán unha subvención de ata o 50% dos custos laborais, incluíndo os custes de soldos e salarios, seguridade social e demais gastos sociais, das persoas traballadoras contratadas con carácter indefinido por segundo ano ao abeiro do programa PEL-PEMES.  

A contía máxima da subvención a conceder nesta modalidade é do 50% dos custes estimados de contratación, co límite de 11.000 euros polo mantemento durante 12 meses dun contrato indefinido a xornada completa no que a persoa contratada pertenza a algún dos colectivos vulnerables (inscrito como desempregado de longa duración nos Servizos Públicos de Emprego, muller, menor de 30 anos, maior de 45 anos ou persoa con diversidade funcional) e de 10.000 euros polo mantemento durante 12 meses dun contrato indefinido a xornada completa ou a parte proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a tempo parcial.  

Atendendo á distribución das axudas concedidas por concellos destacan as pemes de Mazaricos (13 subvencións concedidas por un importe de 122.412,17 euros), Melide (12 concedidas por un importe de 84.486,30 euros) e Santa Comba (10 concedidas por un importe de 97.488,35 euros).  

Por comarcas, destaca a de Santiago con 74 solicitudes concedidas, o que representa o 33,94 % das solicitudes concedidas totais e un importe concedido de 658.219,62 €, seguida das comarcas de Carballo, con 43 solicitudes concedidas por importe de 354.849,44 euros e da Coruña, con 42 solicitudes por valor de 377.742,53 euros. 

Atendendo á tipoloxía de empresa, a meirande parte dos beneficiarios son empresarios/as individuais ou autónomos/as, xa que supoñen máis da metade das solicitudes concedidas, concretamente o 50,46% do total. 

Tamén resulta destacable que máis do 73% das empresas beneficiarias pertencen ao sector terciario, destacando as destinadas ao comercio e ao turismo. O PEL continúa a ser unha aposta transversal do Goberno da Deputación ao que se veñen destinando importantes recursos nos últimos anos. Grazas a este investimento sen precedentes na área de emprego, nos 7 anos transcorridos desde a creación do PEL, a Deputación axudou a crear máis de 5.500 empregos nos sectores público e privado. A listaxe completa





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias