El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

LUGO

O primeiro Arde Lvcvs internacional inicia este sábado a conta atrás para a celebración da súa XXII edición

09-06-2023 13:22:10
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez (2d).

REDACCIÓN | Este sábado arrinca a conta atrás para a celebración do XXII Arde Lvcus. Doce días que restan para poder gozar da primeira edición xa coa consideración de Festa de Interese Turístico Internacional e para a que as asociacións de recreación histórica da cidade, da man da concellería de Xuventude, están a preparar unha extensa programación chea de propostas e actividades. 

A primeira delas, a que oficializa precisamente o inicio dese desconto, é o Natalicio. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convidaba hoxe á cidadanía a participar nas festas dende este primeiro evento que será o prólogo da transformación que vivirá a capital entre o 22 e o 25 de xuño e coa que se rememorará a orde que o emperador Octavio Augusto deu para construír as cidades de Lucus Augusti, Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga), irmandadas dende 1986.  

“A partir de mañá Lugo comeza a avivar a chama do Arde Lvcvs. A cidade retrocederá 2.000 anos para revivir o seu pasado castrexo-romano e encherse novamente de bulicio. E o Natalicio será o encargado de mergullarnos nese estrato da nosa historia, a que nos define como fogar bimilenario e que, en 12 días, abriremos ao mundo con xenerosidade a través dos campamentos e poboados para compartir o legado que nos deixaron os nosos devanceiros e confraternizar, tendo moi presente todo o patrimonio material e o inmaterial que posuímos e do que forman parte as tradicións que conforman a nosa identidade como pobo”, afirmou Lara Méndez ao tempo que agradeceu ao tecido asociativo, nunha nova ocasión,“a súa implicación por traballar os 365 días do ano para que as festas garden a maior precisión histórica posible”. 

O Natalicio dies natalis MMXXIII terá lugar este sábado na Praza de Santa María, dende as 20:30 horas. Alí, o Orfeón Xoan Montes e a Coral Ecos do Miño interpretarán o Himno Calendis, propio desta cerimonia, creado por José María Núñez. Ademais as asociacións Salesiani, Asemblearias e o Senado escenificarán as obras de teatro ‘Un día educando na Antiga Roma’, ‘Rito á Deusa Carmenta’ e ‘Conxura Senatorial’, respectivamente.  

De novo o Senado pero tamén a Cohors, Ara Romana e Lucus Equites porán o contexto histórico con narracións sobrea fundación da cidade e o Iubilator, ademais de realizar unha ofrenda aos deuses. E todo o relato estará aderazo coa música de Abrahám Cupeiro, que exercerá de fío condutor. Un desfile polo centro da cidade conducirá ás persoas asistentes até a Mosqueira onde está prevista unha ofrenda floral e a instalación dun panel informativo que irá sinalando os días que faltan ata alcanzar o inicio das celebracións e, xa para rematar, as asociacións regresarán á Praza Maior percorrendo a rúa San Pedro. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias