El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

LEY DE MATERIAS PRIMAS CRÍTICAS

A Comisión de Política de Cohesión aproba as emendas do BNG á proposta de Lei de Materias Primas Críticas que garanten o control público dos proxectos

19-07-2023 17:06:09
Ana Miranda (i).

REDACCIÓN | A Comisión de Política de Cohesión do Parlamento Europeo que se celebrou hoxe en Bruxelas aprobou un total de 45 das 50 emendas presentadas pola eurodeputada do BNG á proposta de Lei europea de Materias Primas Críticas, que tantas repercusións pode ter en Galiza, centradas sobre todo no control público dos proxectos, a transparencia e a protección do medio ambiente e do patrimonio cultural. 

“Para Galiza é unha boa nova que a nova lei contemple o aumento da protección do medio mariño e costeiro para evitar vertidos nas nosas rías e garantir a maior participación das mulleres na toma de decisións”, subliñou Ana Miranda, quen ademais considera que garantir o control público de todos os procesos do ciclo de vida relacionados coas materias primas críticas e estratéxicas suporá un importante avance na protección do medio ambiente.  

A eurodeputada do Bloque sinala que esta nova lei europea, que posiblemente se votará en sesión plenaria no mes de outubro, ten moitas implicacións  para o futuro de Galiza en materia de sostibilidade, ao tratarse dun país cun subsolo moi rico en minerais. Entre estes minerais figuran materias primas estratéxicas de gran importancia económica e que presentan un alto risco de subministración, como poden ser o litio para as baterías ou o silicio para os semicondutores.   


Frear o espolio  

“Do mesmo xeito que no BNG mantemos unha férrea oposición aos megaproxectos eólicos que supoñen un terrible espolio do noso país, pensamos que Galiza non pode permitir o espolio do seu subsolo” , manifesta Ana Miranda. Neste sentido subliña que para o Bloque é fundamental reforzar os criterios medioambientais e sociais na proposta de lei que actualmente se está debatendo en Bruxelas “porque senón Galiza vai ser un territorio en disputa”. “Temos que poñer a disposición todos os medios posibles para frear o espolio”, conclúe. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias