El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

SOGAMA

Científicos e expertos en solos de todo o mundo visitan as instalación de Sogama no marco da XII Conferencia Internacional SUITMA

07-09-2023 16:21:38
Científicos e expertos visitan Sogama.

REDACCIÓN | Científicos e expertos en solos de distintos países tales como Xapón, China, Francia, República Checa, Alemaña, Rusia, México e Chile, entre outros, visitaron esta mañá as instalación de Sogama en Cerceda (Complexo Medioambiental, vertedoiro de Areosa e planta de compostaxe), para coñecer a actividade desta empresa pública na xestión sostible dos residuos producidos por 295 concellos. 

A visita, organizada polo Departamento de Ciencia do Solo e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela, enmárcase na XII Conferencia Internacional SUITMA (Solos en Áreas Urbanas, Industriais, de Tráfico, Mineiras e Militares), que arrincou o pasado luns na Facultade de Bioloxía da USC e que culminou na sede de Sogama esta mañá. 

O encontro, celebrado por primeira vez a nivel estatal, alcanzou este ano a súa duodécima edición e serviu para poñer en común o estado actual da investigación sobre a clasificación, propiedades, función e xestión dos solos antropoxénicos, é dicir, os afectados pola actividade humana, e debater ao redor de cuestión tales como a cartografía dos solos urbanos, a contaminación e a restauración de solos degradados, ou o uso de residuos para a reconstrución dos mesmos. 

Tal e como manifesta a USC, os solos están no centro das preocupacións globais tales como a seguridade alimentaria, o cambio climático e a biodiversidade, e son esenciais para lograr moitos dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Con todo, as actividades antropoxénicas, especialmente durante o último século, alteraron as propiedades e funcionalidade dos mesmos, merecendo estes enfoques específicos para o seu estudo. 

Técnicos ao servizo de Sogama puxéronse ao dispor do grupo para explicar o labor da Sociedade a través dunha presentación na que se detallaron os pormenores da súa xestión, así como os instrumentos dos que se vale a empresa para garantir unha operativa industrial respectuosa co medio ambiente e a saúde das persoas, estando a protección do solo entre as súas prioridades. 

Con carácter previo ao percorrido guiado polas instalación do Complexo e vertedoiro, o presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, dirixiu unhas palabras aos visitantes para agradecer o seu interese en coñecer a entidade, á vez que puxo de relevo os esforzos realizados por esta compañía pública, como ente adscrito á Xunta, para protexer a contorna e contribuír ao desenvolvemento sostible da comunidade e á economía circular. 

Así mesmo, abundou no afán de transparencia da empresa e celebrou que científicos de distintas partes do mundo queiran coñecer o modelo galego maioritario de xestión de residuos municipais. 


Sobre SUITMA  

O grupo de traballo SUITMA (Soils of Urban, Industrial, Traffic, Mining and Military Areas) fundouse en 1998, grazas aos esforzos conxuntos dos profesores Wolfgang Burghardt, da Sociedade Xermana de Edafoloxía, e Jean-Louis Morel, da Universidade de Lorraine. Desde entón leva a cabo unha intensa e ininterrompida labor, que fixo avanzar enormemente o coñecemento dos solos antropoxénicos. Actualmente está liderado polo profesor Kye-Hoon John Kim, da Universidade de Seúl, e forman parte deste grupo representantes de 16 países. Departamento de Comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias