El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Sogama pon en valor as máis de 84.000 visitas recibidas no seu Complexo Medioambiental de Cerceda

04-06-2024 12:47:21
Escolares con gafas.

REDACCIÓN | Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, que terá lugar mañá, Sogama quere aproveitar esta efeméride para agradecer o interese en coñecer o seu sistema de xestión de residuos ás máis de 84.000 persoas que visitaron o Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña) durante os últimos anos. 

Grupos de distintos perfís (escolares, asociacións, empresas, universitarios, delegacións técnicas e políticas, etc.) pasaron polas súas instalacións para ver e comprobar por si mesmos a súa operativa. Un labor que non deixou indiferente a ninguén pola magnitude da infraestrutura cercedense, con capacidade para tratar 1 millón de toneladas anuais de lixo, e a firme aposta por tecnoloxías de última xeración que permiten recuperar os refugallos susceptibles de ser reciclados para ser convertidos en novas materias primas e valorizar enerxéticamente os non reciclables, evitando o seu depósito en vertedoiro. 

O programa de visitas foi evolucionando co tempo, conseguindo adaptarse ás características e particularidades de cada colectivo, con intereses moi distintos, sendo atendidos por educadores especializados que axustan as explicacións en función da idade, nivel educativo e/o ocupación. En todo caso, e malia as distintas sensibilidades, o certo é que todos eles coinciden en valorar a visita a Sogama como unha excelente oportunidade para a sensibilización social, xa que permite profundar no alcance real da problemática que trae consigo a elevada produción de residuos e tomar conciencia do arduo traballo que leva a cabo a compañía para xestionalos e tratalos de forma sostible, precisando para isto de importantes recursos, tanto económicos como tecnolóxicos e humanos. 


Visita virtual 360º e xogos arcade: a novidade deste curso 

Garantir en todo momento a máxima seguridade dos visitantes foi unha constante para a entidade, pois non debe esquecerse o seu carácter industrial, que condiciona os itinerarios. Así as cousas, hai uns meses que a Sociedade implantou a modalidade de visita virtual para os menores de idade, os cales, equipados con lentes inmersivos 360º, teñen a oportunidade de facer unha viaxe por todo o Complexo, pero sen moverse do sitio, accedendo a recunchos e espazos imposibles de ver nun percorrido a pé. Trátase dunha experiencia que entusiasma e emociona, e á que tamén queren acollerse os maiores de idade pola oportunidade que representa visualizar as instalacións desde perspectivas diferentes, podendo captar detalles únicos. Os menores de idade completan a visita cun percorrido en autobús polos viais do Complexo, mentres que os adultos realizan un físico guiado por monitores. 

Así mesmo, o programa está impregnado dun marcado carácter lúdico. Aos xogos tradicionais de identificación e selección de residuos, sumáronse as máquinas arcade “Trash & Furious”, coas que os visitantes, pequenos e maiores, poñen a proba os seus coñecementos sobre recollida selectiva, compiten entre eles e aprenden desde a diversión. 

Este novo enfoque permitiu que as visitas a Sogama se estean a incrementar de forma expoñencial e formen parte das actividades programadas por moitos grupos sociais. A todos eles, nosa máis sincera gratitude. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias