El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Cartas al Director

Adega denuncia a construcción de macropiscifactorías de "impacto brutal" en espazos protexidos da costa galega

O colectivo ecoloxista asegura que o ex conselleiro López Veiga é accionista da empresa dona do parque de Corrubedo

08-11-2006

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) denunciou este mércores a proliferación de macropiscifactorías que se están tramitando para construír ao longo da costa galega, moitas delas en espazos protexidos. Segundo este colectivo, en vez potenciar a pesca tradicional de baixura, a administración actual, seguindo as liñas de actuación do goberno anterior, está potenciando a creación de parques "insustentables e contaminantes" que producen "un impacto brutal na costa". Dende Adega, tamén acusan ao Partido Popular de aprobar "in extremis", xusto antes de deixar o poder, o Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, o que fai que actualmente estén en fase de tramitación máis de 20 piscifactorías, o que dobraría o número de instalacións deste tipo existentes na actualidade. Ademais, o colectivo ecoloxista asegura que o anterior conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, máis un primo do ex ministro de Fomento, Francisco Alvarez-Cascos, son accionistas da empresa dona do parque de Corrubedo. O secretario executivo de Adega, Fins Ereixas, afirma que moitas desas piscifactorías van ser construídas en zonas protexidas, ou moi preto delas, onde as condicións medioambientais son as mesmas. Ereixas citou como exemplo as instalacións de 171.000 m2 de Cabo Prior, as de 125.000 m2 en Piñeira (Ribadeo) e as de 90.000 m2 en Quilmas (Carnota). Segundo Adega, non están en contra das piscifactorías, senón que cren que estos parques son de dimensións desmesuradas, insustentables e contaminantes. Ademáis, segundo Fins Ereixas, "hai que poñer en orde a pesca de baixura, que atravesa unha grave crise, recuperar o stock en perigo, antes de seguir o Plano Sectorial do PP". Por outro lado, o colectivo ecoloxista tamén estima que a creación destes parques en detrimento da pesca tradicional supón unha diminución de postos de traballo. En canto á contaminación destes parques, o coordinador organizativo de Adega, Martiño Fiz, denunciou que a piscifactoría prevista para Ribadeo vai coller auga limpa do mar (278 millóns de m3 ao ano) e vaina devolver chea de residuos, tales como o penso co que se alimenta aos peixes, as súas defecacións e os antibióticos que se lles suministra cando enferman. Fiz tamén asegurou que o Estudio de Impacto Ambiental do parque de Ribadeo, que califica de "coxo", só recolle a existencia dunha depuradora para as augas residuais que produzan os traballadores. Os ecoloxistas denunciaron que se están a levar a cabo unha prácticas pesqueiras nada adecuadas, o que produce unha pérdida de biodiversidade mariña. Segundo Ereixas, especies como o a sardiña ou o polbo descenderon nos últimos anos. Ademáis, o secretario executivo tamén recalcou que se están tomando medidas contrarias ao debido, tales como reducir as tallas mínimas do polbo. "Pan para hoxe, fame para mañá", sentenciou Ereixas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias