El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Cartas al Director

O PPdeG denuncia que Pescanova tiña en proxecto as tres plantas na Mariña lucense, antes do ?non? a Touriñán

Asegura que os permisos para a ampliación da planta en Xove xa foron tramitados na anterior lexislatura

16-01-2007

A planta anulada en Cabo Touriñán incluía unha liña de procesado asociado de peixe, xeradora dun elevado número de empregos, e coa que non contarán as piscifactorías da Mariña lucense, según asegura o PPdeG, que afirma que todos os permisos necesarios para a posta en marcha do proxecto de ampliación da granxa mariña da Praia de Lago, en Xove, foron tramitados polo anterior Goberno galego da Xunta, que tamén efectuara as previsións de apoio orzamentario correspondentes a través dos fondos IFOP. O voceiro de Pesca do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, matiza así o anuncio efectuado onte pola Consellería, que volveu faltar á verdade cando asegurou ter rematado os trámites para a instalación de tres parques acuícolas na Mariña lucense, o maior dos cales, o de Lago, xa está en marcha desde a pasada lexislatura. "Con anuncios como o de onte, a Consellería de Pesca trata de presentar os tres proxectos da Mariña Lucense como unha contraprestación pola decisión de Pescanova de implantar en Portugal a macrofactoría que tiña previsto executar en Cabo Touriñán (140 millóns de euros de investimento e xeración de 350 postos de traballo a pleno rendemento), que non pudo acometerse en Galicia como consecuencia da sucesión de trabas impostas pola Xunta", afirma a formación popular. Retraso Matiza o PPdeG que "Pesca volve faltar á verdade neste aspecto, posto que na aposta estratéxica inicial de Pescanova polo desenvolvemento da acuicultura en Galicia, a multinacional xa contemplaba a posta en marcha deses tres proxectos na Mariña Lucense, de xeito paralelo á execución da planta de Cabo Touriñán". A novidade, continúa o PPdeG, reside en que "Pesca retrasou durante ano e medio a posta en marcha dos proxectos acuícolas da comarca costeira de Lugo, a pesar de que o Goberno saínte do PPdeG deixara programados os incentivos económicos necesarios e a correspondente tramitación administrativa". José Manuel Balseiro aclara que aínda no suposto de que finalmente Pescanova opte por levar a termo, na súa integridade, os tres proxectos da Mariña Lucense -Praia de Lago e Morás, en Xove, e Penedo do Corvo, en Ribadeo-, "non acadarán a produción de 7.000 toneladas anuais de Rodaballo, previstas na factoría de Mira, en Portugal". Recorda José Manuel Balseiro que "a planta anulada pola Xunta en Cabo Touriñán incluía unha liña de procesado asociado de peixe, o que permitiría a creación dun elevado número de empregos que finalmente se xerarán en Portugal, mentres que as piscifactorías da Mariña lucense non contemplan instalacións de procesamento do peixe producido".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias