El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Anxos Sumai gaña o Premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torrres

16-03-2007

A escritora Anxos García Sumai foi a gañadora do Premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres, dotado con 6.000 euros e que convocan conxuntamente o Concello de Cuntis e a Universidade de Santiago. O xurado acordou concederlle o galardón pola serie de artigos que, co título xenérico "Somos perigosamente normais", foron emitidos como sección semanal no Diario Cultural da Radio Galega en 2006. Do traballo premiado valorouse especialmente a calidade literaria e a capacidade de observación e interpretación da realidade que emana dos textos de Anxos Sumai, a "intelixente combinación" entre fondo e estilo, a sensibilidade da autora para ler os acontecementos cotiáns "cunha ollada distinta, que sen deixar de ser íntima e moi persoal mantén o espírito crítico diante da noticia". A premiada, natural de Catoira (Pontevedra), desenvolveu durante o pasado ano unha "presenza importante na Rede", algo que tamén foi valorado polo xurado. Así, ademais da súa coñecida participación nos blogs, durante 2006 son especialmente relevantes as colaboracións no portal Culturagalega.org, que co título de "Crítica da memoria pura" incide na mesma capacidade de interpretación dos acontecementos. O premio inclúe, ademais da dotación económica, a edición dos textos premiados nun libro cun estudo e presentación a cargo dun profesor da Universidade de Santiago. Na pasada edición o remio concedéuselle a Isaac Díaz Pardo. Tamén recibiron o galardón os escritores Alonso Montero, Méndez Ferrín, Borobó, Carlos Casares. Francisco Fernández del Riego e Bieito Iglesias, polas súas colaboracións literarias e de opinión na prensa.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias