El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
CxG

"Manual da boa practica política"

20-11-2020

Cómpre entender que os órganos de dirección política das administracións, en boa lóxica, teñen que ser unha sorte de equipos que xunten diferentes perfís de varias disciplinas. Ou así tiña que ser cando menos, na teoría da boa práctica política. Uns equipos que debatan e poñan en común, despois das discrepancias, os eixos de actuación. Desde unha xunta de goberno local ao propio Consello de Ministros, actúan de esta forma. Nos gobernos dunha soa formación e tamén en aqueles de coalición, nestes últimos baixo a premisa da lealdade e coherencia. Asistimos pois na política de España, nesa escalada de malas praxes políticas, a un novo ridículo internacional: a emenda aos orzamentos de Unidas Podemos. É a mostra clara de que non son de fiar. 

O xogo está máis aló da simple emenda, dito sexa de paso que eu respaldo a petición neste momento de grave fractura social, é iso mesmo a facilidade do apoio á emenda é a demostración clara de que o movemento de Iglesias é táctica política que nada ten que ver co programa. Un movemento de política de partidos que non de política de servizo público. Que pretende Pablo Iglesias? pois é sinxelo, levar cara a ultra esquerda os apoios do executivo. Os obxectivos son claros, afastar a Cs e a PNV da axenda do Presidente, e con iso calquera xesto de moderación. Sobre todo a influenza do PNV que ven reforzado do resultado de Urkullo, tendo en conta que Podemos pasou de 11 a 6 en Euskadi, leva a Iglesias á aposta por Bildu. É unha acción desleal e retorcida, que busca que as políticas pivoten en UP, como ben saben no PSOE, e demostra o nerviosismo dos baróns. Otegui é listo e o movemento pactado con ERC e Iglesias comezou xa co anuncio de Bildu de apoio aos PXE, cun obxectivo máis que probable e segredo de xestos na política dos presos da ETA, cuestión preocupante cando se pacta sen luz e taquígrafos. 

Sorprende a tamén deslealdade de Bildu e ERC co seu socio o BNG, cómpre sinalar neste punto a firma en plena campaña das xerais da declaración de Llotja de Mar, unha folla de ruta das forzas nacionalistas na acción política do Estado, pacto no que non están nin PNV nin CxG. Néstor Rego non está na foto da emenda, síntoma dunha enorme perda de peso na política do estado que sitúa na aritmética parlamentar ao Bloque na mesma posición que o Partido Rexionalista de Cantabria. Pedirá Ana Pontón explicacións a Otegui e a Junqueras? Non o creo, o desprezo foi demasiado duro. Soe pasar cando atendes á política catalá ou vasca de forma ideolóxica e Galicia ás veces é secundaria.

O caso é que Galicia perde un 11% de inversión nos orzamentos e a teórica unidade de acción de Llotja de Mar, asinada por Olalla Rodil e Bieito Lobeira de nada nos vale, como tampouco de nada nos vale a Ministra de Podemos e o Deputado de Coruña dos do PP e PSOE xa nada esperamos. Cando teremos o noso? Cando o loitemos sen mochilas ideolóxicas.

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca