O Goberno de España en funcións,
conseguiu aprobar na Deputación Permanente o día 27 de
novembro co apoio do Partido Popular, Cidadáns e a abstención
de Unidas Podemos, só uns días antes de que se constituísen as
Cortes da XIV Lexislatura, a “Real Decreto-lei 14/2019, do 31 de
outubro, polo que se adoptan medidas urxentes por razóns de
seguridade pública en materia de administración dixital,
contratación do sector público e telecomunicacións” o que xa se
denominou como “Decretazo Dixital” ou “Lei mordaza dixital”.
Amparándose
o Goberno nunha ficticia situación de urxencia, que é para a que
está prevista a utilización dos Decretos-Lei, e evitando así os
informes pertinentes e o debate sobre o que se pretende aprobar, esta
norma outorga ao Goberno, entre outras facultades, a potestade de
intervir e asumir a xestión directa de redes e servizos de
comunicacións electrónicas, sen orde xudicial, en determinados
supostos excepcionais que poidan afectar a orde público, a
seguridade pública e a seguridade nacional.
Usando
como pretexto os acontecementos que se están producindo en Cataluña,
o cal xa supón unha aberración democrática, a aprobación desta
Real Decreto-Lei vai máis aló, pretendendo ter un efecto preventivo
e aleccionador que supón un novo ataque ás liberdades públicas e
unha nova criminalización da protesta e calquera tipo de disidencia,
establecendo unha forma de censura a vontade do goberno, polo que
constitúe unha ameaza contra dereitos fundamentais como son os
dereitos á liberdade de expresión, manifestación, á participación
política, etc…
A
aplicación deste Decreto ampárase, ademais, en conceptos abstractos
como son a orde pública, a seguridade pública e a seguridade
nacional, permitindo así abrir a porta a posibles abusos e usos
arbitrarios de tales conceptos para aplicar a norma que finalmente
queda ao xuízo subxectivo do propio Goberno, que é quen ten a
facultade de aplicala, xerando un marco de inseguridade xurídica que
non se pode xustificar.
Estamos,
por tanto diante dunha norma que, xunto coa Lei de seguridade pública
(Lei “mordaza”) aínda non derrogada, establece un marco de
conculcación de dereitos e liberdades incompatible cun sistema
verdadeiramente democrático. Departamento de comunicación