El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

XORNADAS DE ABANCA CIMAG-GANDAGRO

A nutrición animal e as peculiaridades de varias razas súmanse aos temas gandeiros

24-02-2023 15:40:47

SILLEDA | A IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2023 será do 2 ao 4 de marzo un interesante foro para a análise, a información e o intercambio de coñecementos. As súas xornadas técnicas contribuirán a isto de forma esencial e dentro da súa programación serán moitos os temas de actualidade que se abordarán. Entre estes, diversos aspectos relacionados especificamente coa gandería.  

A nutrición animal será un deles. Así, o segundo día de feira a Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) trasladará aos asistentes a importancia da dieta e o manexo para a redución de medicación en gandería, explicando iniciativas levadas a cabo para a redución de antibióticos e antiparasitarios de forma sostible en cunicultura, avicultura e porcino, a través, por unha banda, do deseño e introdución de diferentes dietas baseadas no uso de proteínas, fibras, algas e fungos e, por outro, da aplicación de fungos antagónicos dos parasitos presentes no medio. Lucía Lloret, directora de Innovación e Proxectos Nacionais da entidade, será a encargada de facelo.  

O mesmo día, a empresa De Heus impartirá unha conferencia titulada “Prelacto, novo enfoque no manexo da transición”, sendo os seus relatores Miguel Iglesias, responsable do Servizo Técnico de Vacún de Leite de De Heus; Rubén González, xerente consultor de Vacún de Leite da mesma empresa e tamén Daniel Prado, Veterinario de Nutrición da compañía. Ademais, Crystalix fará o propio coa xornada “Mellora do período de transición. Optimización do arranque da lactación”, a cal estará conducida por Alfonso Cabria, Veterinario de Cristalyx.


Razas autóctonas e Fleckvieh 

Nas xornadas de Abanca Cimag-GandAgro tamén estarán presentes as razas autóctonas en perigo de extinción. Así, a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (BOAGA) informará na feira sobre a recente publicación de numerosa lexislación nacional sobre a nova Política Agraria Común - PAC, que se aplica dende o pasado 1 de xaneiro. Servirá para poder dar resposta ás dúbidas que expoñan os criadores pertencentes a BOAGA e tamén á Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA), coa fin de que poidan planificar a súa gandería nos próximos 5 ou 7 anos, tanto a nivel de PAC como dos plans de cría das distintas razas autóctonas. “PAC 2023-2027 e razas autóctonas ameazadas” será conducida o último día da feira por José Ramón Justo Feijóo, director xerente de BOAGA.  

O día anterior outra xornada terá como protagonista a unha raza bovina, a Fleckvieh, a cal tamén contará con exposición de animal vivo na feira, podendo ver os visitantes tanto vacas en produción como becerras. Organizada por geneticAUSTRIA, terá por título “Fleckvieh Austria: a raza que está a cambiar ao mundo gandeiro” e será impartida polos enxeñeiros Reinhard Pfleger, director executivo de Fleckvieh Austria, e Alexander Manrique, director de vendas da mesma compañía. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias